mércores, 13 de decembro de 2023

Estivemos na reunión do proxecto Hackers Sen Fronteiras en Lugo

 Como culminación da primeira fase do programa Hackers Sen Fronteiras, de ESF Galicia no que, como sabedes, participamos como un dos tres centros piloto de Galicia, tivemos unha xornada presencial ben interesante onte na Politécnica de Lugo. Convocóusenos a profesorado e alumnado representantes de cada centro.

O profesorado dos IES de Celanova, Mondoñedo e Curtis realizou unha sesión de avaliación e posta en común, con plans de futuro e certos achegamentos inter-centros.

No noso caso, aportamos as experiencias dos obradoiros que realizamos durante o curso pasado:

- Obradoiro de escrita creativa con Antía Yáñez, sobre o tema das distopías, para clausurar a campaña 2022, Un mundo feliz?

- Tres obradoiros con diferentes grupos sobre Soberanía Alimentaria, que abriron a nosa campaña Comer ou non Comer, con Sergio Fernández

- Unha charla de dúas referentes femininas en enxeñería, Martina Páramo e Lucía Amaro.

- Dous obradoiros de Hardware e Software, "Electrónica e Ética para computadores", con Javier Porto e Lucía Amaro.


Experiencias todas elas excelentes tanto en valoración do profesorado como do alumnado.

As alumnas, mentres, participaron nunha sesión con facilitación dunha profesional na que compartiron a súa vocación científica, comentaron se atopan ou atoparon barreiras para desenvolvela, interactuando tamén cunha referente, neste caso a directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, Rosa Romero Franco.

A continuación, agasalláronnos cun petisco que compartimos profesorado, alumnado e integrantes de ESF, que correu cos gastos e a organización da actividade, transporte incluído.

Continuaremos neste curso participando neste fantástico programa que, agardamos, teña o impacto que merece.









Ningún comentario:

Publicar un comentario