martes, 2 de xullo de 2019

Feliz verán!

Despedímonos polo momento!
Para comezar o curso que ven con todo preparado, deixámosvos o noso documento "Como clasificamos os libros?", e o plano no que se detallan as zonas temáticas. Con máis de 27.000 referencias, é moi importante ter todo ordenado, ou non?

Feliz verán.



mércores, 12 de xuño de 2019

Recomendacións para o verán!


Xa na recta final, non queremos deixar de recomendarvos lecturas para as vacacións, porque un verán sen ler é menos verán.
Aquí volas deixamos. Xa sabedes que podedes levar a partir de xa con data de devolución en setembro. Que aproveite!

martes, 11 de xuño de 2019

Encantados co éxito de Cómprame A Igualdade!

Cómprame A Igualdade, o aparato activista da campaña Voces de Muller, saiu, como sabedes, a rúa. Durante a tarde de onte tivemos montada a nosa carpa informativa na Praza Maior. Quedamos encantados e con ganas de repetir. Bótalle unha ollada a todo o que fillemos aquí.



Por outra banda, a prensa fixo eco do noso traballo con este estupendo artigo de Carolina Piñeiro, a quen agradecemos moito o ben que retractou esta campaña de sensibilización.


Pincha para ler o artigo completo!

mércores, 5 de xuño de 2019

Cómprame a Igualdade: ven á nosa carpa informativa o luns pola tarde!

Como sabedes, Cómprame A Igualdade é o brazo activista da nosa campaña en curso Voces de Muller. Como campaña de sensibilización que é, ademais de movernos nas redes e a nivel interno, queremos partillar con todos e todas o noso traballo e mostrarvos os materiais producidos ao longo do curso. A cita é o luns 10 na Praza Maior de Celanova. Ven e Cómpranos a Igualdade!


venres, 31 de maio de 2019

Ao compás do vento: o proxecto do departamento de música para este curso.

Xa está todo preparado: as instrumentacións, as danzas... A dicir verdade estamos ultimando o vestiario... O día 20 será o gran concerto final, que gravaremos para partillar con vós, como fixemos o curso pasado. Este ano temos unha temática diferente: a danza histórica. O órgano de Celanova acompañará ás ensembles de frautas que interpretarán branles, menuets, sarabandas e demáis repertorio dancístico do barroco e o renacemento mentres o resto do alumnado interpretarán as coreografías deseñadas para a ocasión. Deixámosvos este padlet onde xa podedes ir vento o que estamos a facer, volver a ver as excelentes gravacións do curso pasado e donde colgaremos as gravacións en canto estean preparadas. Xa vos avisaremos!

Hecho con Padlet

xoves, 30 de maio de 2019

CÓMPRAME A IGUALDADE: o brazo activista da campaña Voces de Muller

Cómprame a Igualdade é o brazo activista da campaña Voces de Muller, no que reflexionamos sobre a relación entre o consumo e o xénero. Partillaremos os nosos materiais nesta bitácora que hoxe vos presentamos pero que xa levamos un tempiño enchendo de contido... E o que falta!!! Cómprame a Igualdade é o froito da nosa participación nos Plans Proxecta da Xunta de Galicia, na modalidade Galicons-net.

Voces de Muller quere así aportar unha dose de realidade e de pensamento crítico ao alumnado pero tamén a toda a comunidade educativa e a todo o que se queira achegar á nosa bitácora e ver os nosos materiais cos que traballamos e os nosos produtos. Agardamos que sexa do voso agrado! Visítanos!