Amosando publicacións coa etiqueta Celebrities Medievais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebrities Medievais. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de xaneiro de 2015

Celebrities Medievais: María Pérez, A Balteira (S.XIII) .

Imaxe procedente de: http://iconosmedievales.blogspot.com.es/2014/11/la-historia-de-maria-perez.html


De profesión, soldadeira.


Muller de carácter.


Xogadora de dados, tiradora de bésta, tramposa e blasfema cando non gañaba...


Cantante, instrumentista e bailarina.


Aventureira empedernida, foi ás cruzadas, ante o escarnio dos seus coetáneos.


O único pecado do que se lamentaba nos seus últimos días era... ser vella. 


Para saber máis...

luns, 1 de decembro de 2014

Celebrities medievais: Leonor de Aquitania (1124-1204), a raíña rebelde.


Imaxe atopada en: http://www.passagestothepast.com/2011/06/guest-post-by-anne-obrien-2-copy.html
Raíña, duquesa e cruzada.


Nai de Ricardo Corazón de León e neta do que se di primeiro Trobador, Guillermo IX de Aquitania.

Dúas veces raíña (unha de Francia e outra de Inglaterra)

Cultivada, artista e mecenas do arte e a beleza.

Lonxeva, aproveitou cada minuto do seu tempo.

¿Muller excepcional ou mala muller? Máis sobre ela en... 

http://www.arteguias.com/biografia/leonordeaquitania.htm

venres, 14 de novembro de 2014

Celebrities medievais: O Rei Artur

Este ano imos prestarlle especial atención á Idade Media... revisitaremos diferentes personaxes reais e imaxinarios que transitaron por ese momento histórico.

Inauguramos a nosa galería de celebridades cunha personaxe moi rexia: O Rei Artur:

Primum inter pares.

O portador de Excalibur.

O máis ilustre cornudo que habitou historias na Idade Media.

O amigo fiel, o amante esposo...