Entroncando coa nosa campaña Guerra e Paz, xa temos no corredor da entrada unha nova exposición: Exilio e Deportación, na que 14 paneis narran como dous galegos de Monterrei e Boborás acaban nos campos de concentración, é dicir, a historia de tantos republicanos que tiveron que exiliarse a Francia e remataron deportados nos campos nazis.
A exposición forma partd dunha homenaxe da Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio a Joaquín Balboa e Antonio Pérez.
Estará montada ata final de curso, así que aproveitade, que é ben interesante!!! Por se non vos podedes achegar, téndela tamén neste enlace do blog de Ciencias Sociais Caladiños.
Amosando publicacións coa etiqueta Guerra e Paz b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guerra e Paz b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 6 de xuño de 2018
martes, 27 de febreiro de 2018
Goya e "Os desastres da guerra"
O artista recolle e plasma, cada un á súa maneira, a súa realidade social, cultural e política, e en definitiva, o seu contexto histórico. Goya viuse atrapado neste momento convulso que foi a Guerra da Independencia, e plasmou esta realidade de violencia e morte nunha famosa serie de gravados: "Os desastres da guerra".
Bótalle unha ollada a esta presentación tan chula para saber máis sobre o pintor e a súa técnica!
Bótalle unha ollada a esta presentación tan chula para saber máis sobre o pintor e a súa técnica!
luns, 19 de febreiro de 2018
A guerra e a paz no cine
E non perdas a nosa fantástica selección de pelis: guerras do pasado e contemporáneas, a II Guerra mundial e mesmo guerras de ficción e de ciencia-ficción... En fin, como comentabamos en anteriores entradas, as grandes desgrazas inspiran a miudo grandes obras de arte...
Estás a tempo durante toda a semana de consultar o noso catálogo, elexir, vir e recoller as pelis... e pasar un finde de cine!
Estás a tempo durante toda a semana de consultar o noso catálogo, elexir, vir e recoller as pelis... e pasar un finde de cine!
xoves, 15 de febreiro de 2018
Poesía da guerra e da paz
Por sorte ou por desgraza, a paz e a guerra, a guerra e a paz, inspiraron e inspiran a creación artística... Velaquí unha escolma poética:
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Guerra e Paz: O noso logo de campaña...
Impresionante a decoración da nosa nova campaña...
E ben: que vos parece o logo?
Sabedes o seu significado?
Mirade, mirade...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






