Entroncando coa nosa campaña Guerra e Paz, xa temos no corredor da entrada unha nova exposición: Exilio e Deportación, na que 14 paneis narran como dous galegos de Monterrei e Boborás acaban nos campos de concentración, é dicir, a historia de tantos republicanos que tiveron que exiliarse a Francia e remataron deportados nos campos nazis.
A exposición forma partd dunha homenaxe da Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio a Joaquín Balboa e Antonio Pérez.
Estará montada ata final de curso, así que aproveitade, que é ben interesante!!! Por se non vos podedes achegar, téndela tamén neste enlace do blog de Ciencias Sociais Caladiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario