Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta peza do mes. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta peza do mes. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

mércores, 30 de abril de 2025

Benvido maio... coa súa Peza do Mes!

Mañá, despois do apagón e do día de descanso, comeza maio, e celebrámolo adicando a nosa Peza do Mes á tradición... Un disco de vinilo histórico que reproduce, a zarzuela Maruxa, que quixo ser ópera!

Con esta peza queremos homenaxear, ao igual que o Día das Letras 2025, á tradición oral que conservou a nosa música durante séculos, música que tamén inspirou composicións de todos os xéneros dentro e fora das nosas fronteiras, como esta obra musical escénica.

Preme na imaxe para acceder ao documento informativo completo... En breve, a peza do mes estará xa fisicamente na nosa vitrina, acompañada por outros referentes interesantes.

Neste enlace podedes atopar as entradas do histórico de Pezas do Mes.




mércores, 11 de marzo de 2026

Peza do mes de marzo: El gobierno de las mujeres, xa en exposición

 Xa está a nosa vitrina lista coa Peza do Mes, como sabedes procedente do noso fondo histórico, e moita información sobre o Tema do Mes: a campaña que nunca remata, Voces de Muller, e o seu brazo activista Cómprame a Igualdade.

 Aquí podes atopar a documentación da peza.







xoves, 14 de novembro de 2024

Inauguramos sección! PEZA DO MES

 Como os grandes museos, inauguramos unha nova sección: a Peza do Mes. 

Tan sinxelo como elixir unha peza, documentala e arrodeala de referentes diversos para expoñela elaborando un material informativo do máis interesante.

Desta volta, un TOM TOM da vella escola é o protagonista da nosa vitrina expositiva. É a representación das viaxes, de descubrir, de perderse... e tamén de indagar: quen veu visitar o noso mosteiro? 

Atopa todas estas curiosidades accedendo ao seguinte documento! E a partir de agora, atentos e atentas ás vindeiras Pezas do Mes!



xoves, 13 de febreiro de 2025

A nosa peza do mes: Follas Novas

 Xa achegamos fai uns días, para celebrar a chegada do mes de Rosalía, a información sobre a nosa Peza do Mes, un facsímil de Follas Novas.

Velaquí as imaxes da peza, que certo é, loce moito máis en directo.







luns, 16 de marzo de 2026

A nosa vitrina, preparada: peza do mes de marzo

 Non deixes de paratte un intre no corredor da biblio para ver o chula que quedou a nosa Peza do Mes... E facer "sesión revival" lembrando, como tema do mes,  a nosa campaña que nunca remata "Voces de Muller", e o seu brazo activista "Cómprame a Igualdade".


venres, 31 de xaneiro de 2025

Peza do mes de febreiro: O mes de Rosalía

 Xa temos preparada a peza do mes de febreiro, como non, o mes da nosa Rosalía. Aquí vos deixamos o material informativo e en breve teremos novas sobre a presentación da peza. Que aproveite.



xoves, 7 de maio de 2026

A Tabula vai ao Curros: actividade intercentros IES Celanova CEF e CEIP Curros Enríquez

Grazas ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense somos uns auténticos expertos nesta peza senlleira, a Tabula de Castromao. Esta institución lévanos axudado moitísimo na nosa campaña de musealización, O Fogar das Musas, na que xa levamos varios cursos.

Por se non sabiades do tema, contámosvos. Da man do persoal do Museo, especializado no tema, aprendemos moito sobre a Tabula durante o primeiro trimestre. Mesmo viñeron ao centro a facer unhas sesións especiais de formación con 1ºESO, nas que aínda nos interesamos máis polo tema e preparamos un evento ben especial: o acto no que se celebraron os 55 anos do seu achado.  

A peza orixinal veu ao IES o mércores 19 de novembro de 2025, un día que non esqueceremos, pois é un auténtico privilexio que o que moitos chaman "a partida de nacemento de Celanova" estivera entre nós, pertiño, para que a puideramos admirar. 


Previamente prepararamos tamén material informativo e expuxeramos na nosa vitrina unha copia da Tabula como Peza do Mes invitada.

Foi un acto moi significativo, no que o alumnado de 1º, moi ben preparado, explicou a peza, e o director do Museo, César Llana, a importancia de que os achados arqueolóxicos se poñan en coñecemento do mundo. Gustaríanos ter homenaxeado ao descubridor, pero non puido asistir.

A profesora de historia de 1ºESO preparou a presentación co alumnado e achegou ás persoas asistentes un material informativo de elaboración propia, aquí.

Pois ben: agora chega a segunda parte.

Como profes e alumnado quedaron encantados co asunto, decidiron partillar a súa sabedoría. Foi así como xurdiu unha actividade intercentros coordinada pola biblio que persegue dous obxectivos:

- Aprender ensinando e partillando o aprendido.

-Tender lazos entre os centros educativos, e entre o alumnado que xa está no instituto e o que virá o curso que vén.

Así que hoxe, fai un ratiño, todo o alumnado de 1ºESO e 1ºFPB achegouse ao CEIP Curros Enríquez da nosa vila para levar estes obxectivos a cabo.

O alumnado de 1º coa súa profesora Noelia Domínguez preparou unha dinámica cunha primeira parte informativa, na que explicaron a prehistoria, a cultura castrexa e as peculiaridades de Castromao e da Tabula, e unha segunda parte ben dinámica na que o alumnado completou o seu pasaporte superando os retos propostos: dende facer un encrucillado ata elaborar o teu propio tríscele. No pasaporte foron pegando as pegatinas que acreditaban cada un dos retos. Fixérono xenial!



Deixámosvos as imaxes do ben que traballou tanto o alumnado do Celso Emilio como o do Curros, e recordámosvos que a humanidade evolucionou máis por cooperación que por competición. Parabéns ao alumnado de 1ºESO e a súa profe!!!

Moitísimas grazas ao Curros por acollernos. Ogallá continuemos colaborando en moitas máis ocasións, sodes un cole xenial! (Por certo, graciñas por ese agasallo bonito que nos destes para a nosa biblio!)

Premede no collage para acceder ao álbum completo. 



xoves, 3 de abril de 2025

Con todas vós, a Peza do Mes de abril: A nosa Polaroid!

 Xa está na súa vitrina a nosa Polaroid, procedente, como todas as Pezas do Mes, do noso fondo museístico, e acompañada por libros e outros obxectos que a contextualizan, conxunto que neste caso chamamos "A fotografía: fixar a vida". 

Á espera da súa presentación, deixámosvos as fotos (que non fan xustiza á realidade) e a información detallada do exposto.

Pica na imaxe para acceder ao documento completo. 















mércores, 4 de decembro de 2024

Presentación da Peza do Mes de decembro a cargo do alumnado de 1ºFPB: o TOM TOM

 Como non podía ser de outra maneira, o alumnado de FPB presentou estupendamente a nosa Peza do Mes de decembro, o TOM TOM. 

Faláronnos dos mapas da antigüidade, no Imperio Romano, dos mapas físicos que nos acompañaron nos coches e que deron lugar ás hoxe famosas Estrelas da hostalería, do Tom Tom e o seu desempeño "dubidoso" ou dos viaxeiros e viaxeiras ilustres que visitaron Celanova. A cousa ía de viaxes!

Picade aquí para ver a documentación completa sobre o TOM TOM.













luns, 18 de maio de 2026

Feliz Semana das Letras! Feliz Día dos Museos: Presentamos Peza do Mes de maio!

 Hoxe, aínda co Raigame no corpo, iniciamos as actividades da Semana das Letras, que como sempre dicimos, son todas as semanas do ano.

Aproveitamos que hoxe é o Día dos Museos para anunciarvos que xa está na nosa vitrina do corredor a Peza do Mes de maio, un modelo de gravadora moi de moda nos 80 e 90 que moi ben puido utilizar a homenaxeada Begoña Caamaño na súa faceta periodística. Velaquí o material informativo.





xoves, 16 de abril de 2026

Peza do Mes de abril: miniatura da escultura memorial da Poza das Ras

 Non esquezades visitar no corredor da biblio a vitrina da Peza do Mes de abril: a miniatura da escultura memorial da Poza das Ras que nos acredita como mecenas da grande escultura que sinalizará tal lugar de memoria. Coma sempre, as fotos non fan xustiza á realidade!

Aquí a información sobre a peza , que xa está tamén no noso Museo Virtual












xoves, 9 de outubro de 2025

Visita a nosa Peza do Mes de outubro, xa instalada na súa vitrina!

 Ou moito mellor, vén á presentación da Peza do Mes, o noso Silabario facsímil de 1937: o alumnado de FPB explicarán estupendamente os detalles da peza e falarán dun tema importante: a alfabetización.

Sabiades que en pleno século XXI, nun país con educación pública de moi bo nivel, un 13% da poboación non sabe ler nin escribir? Si, de cada 100 persoas, 13 son analfabetas...

O dito, vémonos o día 14 no recreo no corredor da biblioteca... Non vos preocupedes que hai tempo tamén para comer o bocata: seremos breves.








venres, 24 de xaneiro de 2025

Por fin! Presentamos a Peza do Mes de xaneiro

 Coa zarzuela soando polo altofalante, por fin puidemos presentar a nosa Peza do Mes. O alumnado pianista encargouse do asunto e pasamos un momentiño simpático durante o recreo de onte.

Grazas a alumnado e profesorado asistente e ás pianistas polo ben que explicaron o marabilloso mundo da codificación e captura da música! Aquí, o material informativo de todo o que nos contaron.