Amosando publicacións coa etiqueta Un mundo feliz?. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Un mundo feliz?. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de febreiro de 2023

Hoxe, Antía Yáñez na nosa biblio!!!!

 Hoxe, da man do proxecto Hackers Sen Fronteiras, programa no que estamos inmersos baixo os auspicios de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, recibimos a Antía Yáñez, que non virá a falar dos seus libros senón que partillará con nós o seu oficio nun obradoiro de escritura creativa con temática distópica. Formidable actividade para "despedir póstumamente" a nosa anterior campaña "Un mundo feliz?" , que nos acompañou durante os cursos 20-21 e 21-22.

Neste programa Hackers Sen Fronteiras xa puidemos gozar doutras actividades, como varias charlas-obradoiro sobre desenvolvemento sostible ou mulleres nos ámbitos STEM. Tamén están en proceso uns obradoiros sobre Electrónica e ética par computadores, en colaboración co departamento de Tecnoloxía. 

Velaquí as obras de Antía Yáñez que podedes atopar na nosa biblio. Están de camiño algunhas outras que pronto teremos nos nosos andeis.


EDITAMOS!!!!!

A experiencia foi un éxito, e o alumnado do club de lectura participou activamente da actividade. Tan metidos estivemos no fragor da batalla que nin fotos sacamos do evento!!! Por sorte, Antía tivo a ben firmarnos os exemplares dos seus libros con fermosas dedicatorias. Graciñas!!!








martes, 17 de maio de 2022

Letras 2022: Florencio Delgado Gurriarán

 E para celebrar o día, aquí vos deixamos este material preparado dentro da campaña Un Mundo Feliz?, pois o exilio non é senón outra distopía... Exilios por mor da guerra, do clima, dos desastres naturais, da fame... aquí están recollidos. Conectamos así a Delgado Gurriarán coa nosa campaña en curso. Pica na imaxe para velo todo. Feliz Día das Letras Galegas!

Pica na imaxe para ver a presentación completa.

E non deixes de vir á biblio e levar algunha das obras que temos preparadas no expositor!!!






E de visitar a exposición do corredor!!!


venres, 22 de abril de 2022

Día da Terra 2022

 Hoxe é outra das datas que sería mellor que non tiveramos que conmemorar. Pero ben é certo que fai falla concienciar á humanidade de que non podemos ser un virus que atente continuamente contra o seu propio fogar, así que aproveitamos o día de hoxe, 22 de abril, para facer esta reflexión que ven moi a conto coa nosa campaña Un mundo feliz? . Neste enlace atoparás todas as entradas desta campaña: volcáns, terremotos, pandemias, utopías, distopías, negacionismos e moito máis.  E neste outro atoparás a nosa entrada do Día da Terra do curso pasado.

Achegamos este fragmento que a páxina das Nacións Unidas adica Á Nai Terra:

Cuidar a nuestra Madre Tierra

La Madre Tierra claramente nos pide que actuemos. Los océanos se llenan de plásticos y se vuelven más ácidos. El calor extremo, los incendios forestales, las inundaciones y otros eventos climáticos han afectado a millones de personas. Aún a día de hoy nos enfrentamos al COVID -19, una pandemia sanitaria mundial con una fuerte relación con la salud de nuestro ecosistema. 

El cambio climático, los cambios provocados por el hombre en la naturaleza, así como los crímenes que perturban la biodiversidad, como la deforestación, el cambio de uso del suelo, la producción agrícola y ganadera intensiva o el creciente comercio ilegal de vida silvestre, pueden acelerar el ritmo de destrucción del planeta.

Este día de la Madre Tierra es el primero que se celebra dentro del Decenio de la ONU para la Restauración de Ecosistemas. Los ecosistemas sustentan todas las formas de vida de la Tierra. De la salud de nuestros ecosistemas depende directamente la salud de nuestro planeta y sus habitantes. Restaurar aquellos que están dañados ayudará a acabar con la pobreza, a combatir el cambio climático y prevenir una extinción masiva. Pero sólo lo conseguiremos si todo el mundo pone de su parte.

Recordemos hoy más que nunca en este Día Internacional de la Madre Tierra que necesitamos un cambio hacia una economía más sostenible que funcione tanto para las personas como para el planeta. Promovamos la armonía con la naturaleza y la tierra. ¡Únete al movimiento mundial para restaurar la madre Tierra!

Imagen tomada por la tripulación del Apolo 11 de camino a casa. https://www.un.org/es/observances/earth-day
FOTO:NASA ( imagen restaurada por Toby Ord)


venres, 11 de marzo de 2022

Apagóns por entregas V: Terraplanismo

 E aquí rematamos os nosos Apagóns por entregas: o último, pero non menos sorprendente, o Terraplanismo.

Entra na presentación e fai unha viaxe pola concepción do mundo dende a antigüidade para rematar en pensamentos actuais que rexeitan teorías científicas que non se baseen na súa propia experiencia sensorial, se ben son moi activos en internet e dados a difundir bulos ou ideais "magufos".

Tamén na presentación podes atopar algúns referentes literarios baseados nestes pensamentos, ás veces ben divertidos. Que aproveite!

Pica na imaxe para ver a presentación completa!



xoves, 24 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas IV: Negacionismos

 Continuamos cos apagóns da intelixencia: hoxe deixámosvos os negacionismos da chegada á lúa ou do holocausto nazi.

Argumentos contra evidencias e produción literaria e cinematográfica inspirada nestes feitos... Unha presentación ben completiña!

Picade na imaxe.




mércores, 16 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas III: O creacionismo

Continuamos cos "apagóns da intelixencia": hoxe toca o creacionismo. 

Deseño intelixente, creacionismo teísta ou fixismo son correntes que desbotan as teorías evolutivas que se teñen ido contrastando e investigando con grande esforzo por parte da comunidade científica.

Picade na imaxe para saber máis!



mércores, 9 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas II: Os antivacinas

 Certamente, os apagóns enerxéticos meten medo... Pero que pasa cando é o raciocinio o que se apaga?

Hoxe traémosvos a esta sección de "Apagóns da intelixencia" aos tristemente famosos antivacinas. Amigos das teorías conspiranoicas, convencidos de que van un paso por diante do resto da humanidade "aborregada" e pouco dados a contrastar informacións máxicas, alieníxenas ou pseudoverdades varias, na maior parte dos casos é infrutuoso achegarlles argumentos empíricos ou a lo menos aceptados pola grande maioría da comunidade científica, porque as súas opinións son inamovibles.

Picade na imaxe para ler o documento completo! 



luns, 7 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas

 Boas!

Comezamos semana e estamos de estrea. 

Presentámosvos a nosa colección "Apagóns" (por entregas).

Hoxe deixámosvos unha aproximación xeral ao termo, comezando cos temidos apagóns eléctricos ou das redes pero xa anticipando outros: os apagóns da intelixencia.

Agardamos que vos guste este novo material da campaña "Un mundo feliz?" e que vos axude a comprender o mundo un pouco mellor. Estade atentos as vindeiras entregas!

Pica na imaxe para ver o documento completo.



venres, 14 de xaneiro de 2022

Volcáns, terremotos e outros tsunamis culturais

 Para que lle botedes unha ollada o finde, alá vos vai este primeiro material de campaña de 2022.

Contextualización, mitoloxía, fantasía... Como o ser humano leva asumido dende a creatividade as catástrofes naturais?

Aquí tedes todas as claves! Picade na imaxe para entrar na presentación.



sábado, 8 de xaneiro de 2022

Novo panel de campaña: 2022, Un mundo feliz?

 Os Reis trouxéronnos un panel renovado que suxire os novos matices que pretendemos introducir nesta campaña pandémica: un pouco de activismo non viría mal para escorrentar inercias e medos.

Xa estamos quecendo motores para regresar con todas as precaucións. Ata o luns!



luns, 20 de decembro de 2021

Micro vídeo-resumo do noso proxecto gañador do Premio Nacional de Boas Prácticas.

 A Aula Verde do IES, da man de Carlos Alonso, elaborou este vídeo breve para difundir o noso traballo gañador.

Agardamos que vos guste o vídeo, e xa sabedes que tendes toda, toda a info aquí mesmo no blog. O proxecto , a campaña e algunhas das nosas artistadas.








luns, 13 de decembro de 2021

A prensa fala do noso premio de boas prácticas!

 Mirade que artigo tan chulo apareceu na prensa o sábado! Encántanos que falen ben do noso traballo e do noso centro!


Podedes picar na imaxe para acceder á versión dixital.



xoves, 9 de decembro de 2021

Premio Nacional de Buenas Prácticas 2021



Estamos de celebración porque (outra vez) SOMOS DE PREMIO!!!!!!!

Revalidamos o obtido fai 10 anos (pica aquí para ver o proxecto premiado en 2011): o Ministerio de Educación recoñeceu de novo o traballo da biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro a nivel nacional, demostrando que non perdemos as mañas.

O que máis nos gusta é que o nome da nosa vila e do noso centro (RURAL E PÚBLICO da Galicia profunda) resoe por todo o país como exemplo de boa praxis, e que se poña en valor o traballo do claustro, do equipo directivo, do equipo da biblio, do alumnado e da comunidade educativa en xeral, así como da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Pica na imaxe e bótalle unha ollada á memoria do proxecto premiado: Un mundo feliz?.







 

luns, 27 de setembro de 2021

"Un mundo feliz?", en resumo.

 Para comezar a semana, achegamos unha "sesión revival" do que foron ata agora algunhas das nosas "reaccións" á pandemia. Serán valoradas dabondo as nosas actividades como para acadar o Premio Nacional de Boas Prácticas...? Manterémosvos informados. Picade na imaxe para ver o documento completo. 



xoves, 16 de setembro de 2021

Catálogos "Un mundo feliz?"

 Como durante este curso continuaremos coa nosa temática actual, deixámosvos un par de catálogos para que botedes unha ollada e veñades a tiro fixo a levar as vosas preferencias. Está en proceso o catálogo en castelán, seguiremos informando. Que aproveite!!!


mércores, 16 de xuño de 2021

Relato gañador do XXXIII Certame de Relato Breve Celso Emilio Ferreiro

Damos os parabéns a Andrea Victoria Rodríguez Fariña polo seu relato titulado Distopía: foi o gañador nesta XXXIII edición do certame. Achegámolo completiño para que o disfrutedes. Que aproveite!

DISTOPÍA

Sentín a alguén sacudindo o meu brazo, chamando polo meu nome. -Veña, érguete- dicía cun ton amigable un dos meus compañeiros de traballo.- Chámate o xefe, di que é unha emerxencia, así que vai rápido.

“Maldición, outra vez” pensei, mentres trataba de mover sen éxito as miñas extremidades. Esperei uns minutos e logrei relaxarme, para logo levantarme e murmurar cara o meu compañeiro -Grazas, sinto as molestias.- Partín o máis rápido que puiden até chegar á oficina do xefe, quen esperaba impaciente, tendéndome uns papeis.

-Xa sei que só te encargas de reparar os filtros de osíxeno dos árbores de toda a cidade, pero ti es o mellor enxeñeiro da cidade. Tes que atender esta urxencia canto antes.- recibiume sen preámbulos.- Houbo un fallo grave no principal sistema enerxético, o que se atopa nas aforas do sur da cidade.- explicou firmemente e sen sequera verme. -Non podemos permitir á cidadanía perderse as finais da liga de fútbol, iso exaltaríaos e non queremos que a policía interveña, non?- continuou con un ton irónico e ameazante para que eu sexa consciente da importancia do asunto.

-Si, señor.- respondín sen dubidar -Tan grave foi o fallo que é necesario ir até alí? Non se puido controlar co mantemento mensual?- preguntei e arrepentinme ao segundo. Estaba cuestionando a eficacia do sistema.

-Se non te encargas rápida e eficientemente do asunto, non seguirei obviando a túa condición e perderás o traballo.- afirmou sen mostrar emoción ningunha. Levantouse e situouse fronte de min. -Recorda: calquera cousa que vexas ou escoites queda só para ti. Non cuestiones, non divulgues, non penses ou perderás máis que o teu traballo.- a gravidade da súa voz, a frialdade dos seus ollos e a seguridade das súas palabras enchéronme de medo, facendo que deixara de sentir os brazos. -Asina os papeis e marcha.- obedecín o seu mandato ca pouca forza da miña man, e cunha inclinación de cabeza como despedida, saín do edificio aínda co temor no meu corpo.

Camiñei até a estación de autobuses, observando a limpeza e pulcritude das instalacións, dun branco impoluto. Busquei o bus coa ruta correspondente ao meu destino e esperei a que chegara, xunto a un señor de mediana idade que lucía pálido, delgado e luído, quen ollaba a súa carteira; desta caeu unha foto dunha rapaciña e o home recolleuna temoroso mirándome con horror, dado que unha das leis fundamentais é non levar obxectos ou vestimenta allea á establecida. -Non o podo denunciar, non vin nada.- murmurei e apartei a mirada. -Moitas gracias, de verdade, con sei como podo pagarllo.- bisbou con verdadeira gratitude na súa voz.- Deixando de arriscar a súa vida.- respondín cun aceno de tristeza.

Logo chegou o bus e subín, sentándome ao lado da fiestra. Observei a perfección dos edificios e da xente, sempre coa rutina frenética do traballo e impresos neles a frialdade da alegría finxida, encabezados por un ceo azul vivo e un sol vibrante, case que artificial. Tras dúas horas de camiño saín do centro da cidade, notando a crecente
decadencia e falta de coidado nas edificacións, con escasa xente nas rúas, máis sucias e decrépitas. 
“Agora xa sei porqué no permiten á xente abandonar o centro”, divaguei nos meus pensamentos mentres vía ás patrullas ir e vir, entrar nas casas e inspeccionar ás persoas, escoitando gritos e disparos de cando en vez, “así que están a seguir con iso despois de tanto tempo... dende logo, non cambiaron en nada”.

A morriña invadiume cando pasei pola aquela parada de bus. Pechei os ollos para relaxarme, e antes de que pasase outra vez, fun precavido e tomeime unha pastilla. “A ver se de verdade funcionas” roguei, suspirando.

Abrinos e atopeime cos bloques de vivendas lúgubres baixo un ceo pardo e sen brillo, mentres escoitaba os berros dos nenos no autobús. Viña acompañado polo meu mellor amigo, quen ollaba de esguello ao condutor.

Noticias de última hora: produciuse un secuestro na sede do goberno tras a vitoria da oposición...”

-Que di ese? -bisbou achegándose á miña orella, sinalando ao home. Tentei prestar atención ao que murmuraba, até que logrei descifrar algo.

-Algo como...”gañaron as eleccións”, pero non o entendín moi ben- respondín no mesmo ton.

-Ah, cousas de política. Cando estou na casa iso é o único sobre o que fala o meu pai, pero non deixa que o escoitemos...non é unha cousa “para nenos”. -afirmou un pouco decepcionado pola miña resposta, pero non lle prestei atención, xa que trataba de escoitar ao condutor, sen éxito.

Ao chegar á parada baixei, e só puiden escoitar as verbas que quedarían na miña cabeza para sempre...”É o principio do fin”.

Chegando a casa, escoitei prantos dende o piso de enriba, metinme dentro o máis rápido que puiden e deixei a porta aberta para ver o que pasaba. Uns homes armados subían polas escaleiras; de súpeto, nai pechou a porta e tapoume a boca, pondo o seu dedo nos beizos en xesto de silencio, mirándome aterrada.

-Soltádeme xa! Non! -escoitouse levemente- Non, non! A elas non, levádeme só a min! -os berros resoan cada vez máis forte- Suplícovolo, deixád... -un golpe xordo que foi seguido por xemidos. Un gran silencio inundou o edificio.

Nai agarroume do brazo e levoume á miña habitación, axeonllouse e abrazoume. -Non dubides, non preguntes e só confía en ti- díxome cunha voz suave pero firme. Asentín e aperteina, sentindo o medo que ámbolos dous tiñamos.- A cea está lista, vamos. - nai sorriu e comemos, escoitando a radio en silencio.

O día seguinte sigo o mesmo traxecto, longo coma o demo. O bus está baleiro por estaren eu na primeira parada, polo que pecho os ollos e dedícome a gozar da tranquilidade, interrompida pola radio.

“Tras o aumento da conflitividade e delincuencia creada no anterior goberno, a nova xunta directiva decidiu colocar cámaras de seguridade e incrementar o número de policías para manter e garantir a orde e seguridade da poboación.”

Volvín a casa despois do meu día na escola, baixando na miña parada. Entro no edificio e vou até o noso piso, con gañas de ver a nai, atopando a porta a medio abrir. Conxelado no sitio e o temor inundando o meu corpo, camiño rixidamente e termino de abrir a porta.

-Nai...?- non houbo resposta.

Pechouse a porta do autobús despois de baixarme e aquel recordo encheu a miña mente. “Estráñote, nai. O único que souben de ti foi o papeleo que fixeches para o antigo gabinete. Se tan só...”.

Vinme interrompido pola vista do paisaxe que me rodeaba: morte. Unha seca catastrófica enguliu toda a vexetación, non había nada, só un chan austero que se estendía quilómetros, sen vida ningunha. Sentía a miña pel arder, e costábame respirar ben,

Fun camiñando até a central onde tiña que resolver o problema, sorprendido pola absoluta destrución deste ecosistema, “e oxalá sexa só este”, pensei. Cheguei ao meu destino, un edificio que parecía un bloque macizo, sen cor; entrei, mentres lía as instrucións que me deixara o meu xefe para ir ao sitio exacto onde se producira o fallo.

Despois de arranxar a maquinaria necesaria e comprobar que todo funcionaba ben, decateime dunha habitación cunha chea de pantallas. “Cámaras, quizais? Non, non parecen mostrar a xent... que e iso?” Achegueime a un computador pequeniño que mostraba á cidade, rodeada dunha cúpula.

Saín apresurado seguindo a dirección que marcaba a pantalla. Cheguei a unhas comportas que se abriron para deixarme entrar. De súpeto, atopeime coa verdade nos beizos, e agora xa entendo porque o meu xefe obrigoume a asinar aqueles papeis, para que soubera que se dicía algo, ía ser home morto.

Freei en seco ao ver unha liña de cristal, unha cúpula entre o mundo exterior e a cidade que na súa extensión, deixaba unhas condicións artificiais para facer crer á poboación de que iso era a verdadeira natureza, sendo moi transparente no final e completamente escura e densa na parte superior, mostrando un ceo estrelado ao ser de noite, feito cun entramado de cables que facían a ilusión do sol que tiñamos e as estrelas, aquelas bonitas bombilliñas que ocultaban o ceo de verdade aos cidadáns. O ceo gris e pardo como o chumbo, contaminado e sen salvación.

Unha fronteira entre a verdade e a mentira que converten en verdade.

xoves, 3 de xuño de 2021

Hoxe, repasamos: As distopías da realidade: pragas, pestes e pandemias.

 Para ver se estivestes atentos, aquí vos deixamos este cuestionario no que poñeredes en xogo os vosos coñecementos sobre o tema que levamos tratando todo este curso pandémico. 

Para que vos axudedes, deixámosvos o enlace do noso Especial Pandemias, do noso Especial Distopías e do noso Especial Utopías. Uns materiais ben completiños para que acertedes toooodas as preguntas!


mércores, 2 de xuño de 2021

Novena entrega: rematamos as nosas utopías!

 Pechamos os nosos capítulos utópicos coa utopía condutista de Skinner. O condutismo baséase no comportamento condicionado, observando as condutas para podelas predicir. na utopía de Skinner, isto serviría para paliar as desigualdades, e todo o mundo primaría o ocio sobre o traballo e vivirían felices en comunidades autoxestionadas que resolverían os seus problemas mediante a ciencia.

Entra na presentación para saber máis, e pica aquí para ver todas as 9 entregas utópicas... E non esquezas que as utopías poden converterse en distopías: coidemos a terra, coidemos a nosa mente con boa filosofía, arte e creatividade, coidemos o noso corpo alimentándonos ben e tendo hábitos saudables... Bo proveito!

venres, 28 de maio de 2021

Oitava entrega das nosas Utopías: William Norris e Nowhere

 Utopía socialista, Nowhere é unha sociedade sen propiedade privada nin grandes urbes: as desigualdades de clase non existen alí. 

A diferenza doutras utopías deste corte, nas que o traballo era un mal necesario, en Nowhere as persoas realizan con gusto as súas actividades, pois o traballo é dignificador e creativo.

Entra na presentación para saber máis cousas sobre William Norris e a súa utopía! E visita as outras entregas utópicas aquí.