Hoxe achegámosvos o calendario científico que cada ano promove o CSIC. Pica na imaxe e accede á web para poder descargalo en diversos formatos.
Accede dende este enlace á páxina oficial do 11 de xaneiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Nós no IES tamén intentamos promover referentes femininos STEM con diversas actividades. Por exemplo, alá polo mes de decembro (pica aquí para ver a entrada completa) recibimos a dúas voluntarias da ONG Enxeñería Sen Fronteiras, Martina Páramo e Lucía Amaro (Telecomunicacións) que nos contaron a súa experiencia na ciencia. Así o partillamos no seu día no boletín trimestral de información ás familias:
A propia ONG no seu programa Hackers Sen Fronteiras, no que como sabedes participamos por primeira vez neste curso como centro piloto, fomenta estas actividades e a súa base social, voluntarias neste caso, axúdannos a ter referentes femininos na ciencia. Aquí podes acceder á presentación que amosaron ese día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario