Hoxe, da man do proxecto Hackers Sen Fronteiras, programa no que estamos inmersos baixo os auspicios de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, recibimos a Antía Yáñez, que non virá a falar dos seus libros senón que partillará con nós o seu oficio nun obradoiro de escritura creativa con temática distópica. Formidable actividade para "despedir póstumamente" a nosa anterior campaña "Un mundo feliz?" , que nos acompañou durante os cursos 20-21 e 21-22.
Neste programa Hackers Sen Fronteiras xa puidemos gozar doutras actividades, como varias charlas-obradoiro sobre desenvolvemento sostible ou mulleres nos ámbitos STEM. Tamén están en proceso uns obradoiros sobre Electrónica e ética par computadores, en colaboración co departamento de Tecnoloxía.
Velaquí as obras de Antía Yáñez que podedes atopar na nosa biblio. Están de camiño algunhas outras que pronto teremos nos nosos andeis.
EDITAMOS!!!!!
A experiencia foi un éxito, e o alumnado do club de lectura participou activamente da actividade. Tan metidos estivemos no fragor da batalla que nin fotos sacamos do evento!!! Por sorte, Antía tivo a ben firmarnos os exemplares dos seus libros con fermosas dedicatorias. Graciñas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario