Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta apagóns por entregas. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta apagóns por entregas. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

luns, 7 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas

 Boas!

Comezamos semana e estamos de estrea. 

Presentámosvos a nosa colección "Apagóns" (por entregas).

Hoxe deixámosvos unha aproximación xeral ao termo, comezando cos temidos apagóns eléctricos ou das redes pero xa anticipando outros: os apagóns da intelixencia.

Agardamos que vos guste este novo material da campaña "Un mundo feliz?" e que vos axude a comprender o mundo un pouco mellor. Estade atentos as vindeiras entregas!

Pica na imaxe para ver o documento completo.



venres, 11 de marzo de 2022

Apagóns por entregas V: Terraplanismo

 E aquí rematamos os nosos Apagóns por entregas: o último, pero non menos sorprendente, o Terraplanismo.

Entra na presentación e fai unha viaxe pola concepción do mundo dende a antigüidade para rematar en pensamentos actuais que rexeitan teorías científicas que non se baseen na súa propia experiencia sensorial, se ben son moi activos en internet e dados a difundir bulos ou ideais "magufos".

Tamén na presentación podes atopar algúns referentes literarios baseados nestes pensamentos, ás veces ben divertidos. Que aproveite!

Pica na imaxe para ver a presentación completa!



mércores, 9 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas II: Os antivacinas

 Certamente, os apagóns enerxéticos meten medo... Pero que pasa cando é o raciocinio o que se apaga?

Hoxe traémosvos a esta sección de "Apagóns da intelixencia" aos tristemente famosos antivacinas. Amigos das teorías conspiranoicas, convencidos de que van un paso por diante do resto da humanidade "aborregada" e pouco dados a contrastar informacións máxicas, alieníxenas ou pseudoverdades varias, na maior parte dos casos é infrutuoso achegarlles argumentos empíricos ou a lo menos aceptados pola grande maioría da comunidade científica, porque as súas opinións son inamovibles.

Picade na imaxe para ler o documento completo! 



mércores, 16 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas III: O creacionismo

Continuamos cos "apagóns da intelixencia": hoxe toca o creacionismo. 

Deseño intelixente, creacionismo teísta ou fixismo son correntes que desbotan as teorías evolutivas que se teñen ido contrastando e investigando con grande esforzo por parte da comunidade científica.

Picade na imaxe para saber máis!



xoves, 24 de febreiro de 2022

Apagóns por entregas IV: Negacionismos

 Continuamos cos apagóns da intelixencia: hoxe deixámosvos os negacionismos da chegada á lúa ou do holocausto nazi.

Argumentos contra evidencias e produción literaria e cinematográfica inspirada nestes feitos... Unha presentación ben completiña!

Picade na imaxe.