venres, 13 de maio de 2022

Preparando Letras 2022

 Levamos uns días caladiñas, pero non paradas... Estabamos preparando cousiñas chulas para celebrar o Día das Letras Galegas 2022, no que, como sabedes, este ano tócalle a Florencio Delgado Gurriarán ser o homenaxeado.

Preparamos un material ben chulo sobre o exilio (pois xa sabedes tamén que Florencio foi "o poeta do exilio") que xa está exposto nun dos nosos corredores, así como os paneis informativos elaborados pola administración con información sobre o autor deste ano... Así que deixámosvos hoxe unhas imaxes da exposición: estade atentos e atentas, que virán máis cousas... poesía, ilustración, música...!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario