luns, 11 de decembro de 2023

Doazóns agarimosas

 Nestes días recibimos dúas donacións ben especiais.

Unha, do noso compañeiro Eduardo Fernán López, que está facendo con nós as prácticas. É unha novela negra, que como sabedes é un xénero que nos encanta... O prota é un inspector galego que tenta refacer a súa vida na cidade de Zamora pero alí se atopa cun brutal asasinato... Pinta ben!


A outra, un fermoso libro que fala sobre o noso contorno: "El camino de Santiago por tierras de San Rosendo". Doado por unha das súas autoras, Laura Fernández, á que coñecemos polas súas fantásticas crónicas periodísticas, pasará a engrosar o noso listado de Autoras de Comarca, do que estamos especialmente orgullosas. Graciñas!!!




Foto: La Región.


Ningún comentario:

Publicar un comentario