xoves, 27 de abril de 2023

Día Internacional da Nena nas TIC

 Hoxe é o Día Internacional da Nena nas TIC. É unha data mudable na que se visibiliza a fenda dixital de xénero. Dicindo mudable referímonos a que ten lugar o cuarto xoves do mes de abril, e este ano coincidiu hoxe, día 27.

Queremos aportar o noso granciño de area neste día achegándovos as fotos do obradoiro sobre software libre no  que, da man das persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fonteiras Galicia, participamos este pasado martes, organizado por Celso Fernández do departamento de Tecnoloxía.

Como sabedes, estas actividades son parte do programa Hackers Sen Fronteiras, no que temos a sorte de ser un dos centros piloto neste primeiro curso da súa andadura. 

O alumnado de 4º ESO recibiu as experiencias de Lucía Amaro e Javier Porto, ambos especialistas no campo das Telecomunicacións, que xa estiveran con nós no mes de febreiro co obradoiro titulado "Electrónica e ética para computadores", e que o pasado martes remataron a faena con moi bos resultados. Graciñas a Lucía e Javier e a ESF Galicia por contar con nós neste programa!!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario