venres, 17 de febreiro de 2023

Electrónica e ética para computadores.

 Non paramos! O pasado día 14 tivo lugar outra das actividades do programa Hackers Sen Fronteiras de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia que xa coñecedes, desta vez da man do departamento de Tecnoloxía na persoa de Celso Fernández.

Obradoiros sobre soberanía alimentaria, mulleres nos ámbitos STEM, obradoiro de escrita creativa con Antía Yáñez e agora unha sesión técnica que o alumnado de TICs de 4ºESO e Bacharelato aproveitou moi ben, teitulada "Electrónica e ética para computadores".

Lucía Amaro e Javier Porto, voluntarios do Banco de Reciclaxe Electrónica de Galicia explicaron os seus obxectivos (promover a tencoloxía ética e a soberanía dixital) e  traballaron na práctica desmontando e amosando como é un ordenador por dentro. Tamén partillaron polo miúdo como é a súa laboura de recoller equipos "obsoletos" e darlles unha nova vida reacondicionándoos para doalos a través de ONGs de carácter social.

Aquí deixamos algunhas imaxes da sesión e a fantástica presentación  elaborada polo seu equipo que eles mesmos nos cederon para difundir a súa experiencia. Volverémolos ter con nós noutra sesión dentro duns meses. 















Ningún comentario:

Publicar un comentario