luns, 20 de febreiro de 2023

OBSERVA_ACCIÓN

Temos que vos contar que algúns dos profes do IES estamos inmersos nun proxecto no que somos novos e que nos tén á expectativa. Chámase Observa_Acción, e consiste, a grandes rasgos, en intercambiar experiencias entre iguais para mellorar a nosa función docente. Todo o equipo da biblio está participando nel, así como integrantes doutros departamentos, e vimos de materializar as nosas primeiras experiencias como observadores... e como observados: entramos nas aulas dos compañeiros a aprender do seu desenvolvemento docente.

O alumnado está tamén expectante, pois nos últimos días están tendo como "invitados" na aula a profes da mesma ou doutras materias, do mesmo ou doutro nivel, e iso prodúcelles certa intriga. En cada sesión explicóuselles a situación, e eles valoraron moi positivamente o feito de que o profesorado participe destas experiencias para mellorar o seu desempeño, ou polo menos o intente.

Polo de agora xa levamos realizada unha rolda de observacións e asistido a unha sesión de formación virtual. Previamente o director e a coordinadora asistiran en Santiago a outra xornada de formación.

Neste momento atopámonos realizando unha segunda rolda de observacións: se a primeira foi en termos máis xerais, chamada "holística", nesta segunda estamos focalizando as nosas observacións en termos concretos. 

Agardamos continuar avanzando nesta nova faceta que, agardamos, vai ser moi proveitosa.






Ningún comentario:

Publicar un comentario