Amosando publicacións coa etiqueta Os nosos catálogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os nosos catálogos. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de xaneiro de 2022

Día da Ilustración

O día 30 deste mes é o Día da Ilustración.

Para celebralo, querémosvos contar que estamos a impartir docencia nuns proxectos de formación en centros cos compañeiros de Trives e O Barco.

O curso pasado traballamos, como sabedes, con moito éxito, "O libro dos Moradores", do recentemente falecido Darío Xohán Cabana, e este ano estamos a traballar sobre Florencio Delgado Gurriarán. Deixámosvos este enlace á Aula de Ilustración, no que podedes ver os avances destes grupos de traballo para profes, pero tamén os do alumnado de debuxo do centro.

Aquí tendes máis información sobre o Día da Ilustración fornecido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares

E tamén vos deixamos o catálogo de libro ilustrado para que veñades a sacalos de paseo. Non deixedes de botarlle unha ollada aos magníficos exemplares do o expositor de novidades, que hai moitas e boas!




xoves, 20 de xaneiro de 2022

Catálogo Xénero Negro

Hoxe toca facer unha sesión "revival" e botar a vista 12 anos atrás... En 2010 organizouse na biblio a campaña "Un cadáver na biblioteca" (pica no enlace para ver o vídeo resumo e os materiais), co xénero negro como temática.

Achegámosvos o catálogo actualizado e un certo abraio por tódalas actividades que levamos feito dende entón. E non temos intención de parar!

Pica na imaxe e accede ao catálogo!



mércores, 12 de xaneiro de 2022

Novidades no noso catálogo e na nosa ferramenta de xestión

 Pois si, por fin rematamos a mudanza dende a anterior ferramenta de xestión (MEIGA) á actual (KOHA), pensamos que con bastante éxito pola nosa parte como usuarias e, polo momento, por parte da propia ferramenta e de quen xestionou a migración. 

Xa temos tamén o novo enlace para que entredes no catálogo, que é ben bonito, e do que vos deixamos aquí a interface, na que aparecerán actualizados os fondos máis prestados e as novidades.

Pica na imaxe e accede!



xoves, 16 de setembro de 2021

Catálogos "Un mundo feliz?"

 Como durante este curso continuaremos coa nosa temática actual, deixámosvos un par de catálogos para que botedes unha ollada e veñades a tiro fixo a levar as vosas preferencias. Está en proceso o catálogo en castelán, seguiremos informando. Que aproveite!!!


xoves, 10 de xuño de 2021

Recomendacións para pasar un verán bárbaro!

 Estamos de exames, si, pero sempre é motivador pensar no verán... E que mellor complemento para un verán fantástico que unha boa escolma de libros? Narrativos, divulgativos, fáciles, concienciadores, ilustrados... E por que non algo de música ou unhas pelis? Achegámosvos o noso catálogo de recomendacións. Non deixedes de vir e levar estas ou outras lecturas que vos ilusionen tanto como as vacacións.

martes, 1 de xuño de 2021

Ilustrar o mundo: novo catálogo!

 Comezamos o mes achegando este novo catálogo de adquisicións que fomos realizando durante o curso e xa están preparadas para que as saquedes de paseo. Libros ben fermosos que xa están nos nosos andeis!


xoves, 27 de maio de 2021

Lectura fácil: o noso novo catálogo.

Xa vedes que aquí non vale parar!

Para que coñezades de primera man as nosas novas adquisición, partillamos hoxe o noso novo catálogo de lectura fácil: referencias nas que a linguaxe pero tamén a ilustración ou a maquetaxe están adaptadas para que sexan máis sinxelas de comprender. Botádelle unha ollada e vinde, que xa están en préstamo!

mércores, 24 de febreiro de 2021

Rosalía 2021

De novo chegamos ao 24 de febreiro, pandémico neste 2021 pero con ganas de celebrar á nosa poetisa que levaba na frente unha estrela e no bico un cantar.

Hoxe realizamos un asalto poético no que o alumnado recitou poemas improvisadamente en diversas localizacións do noso fermoso mosteiro. Mentres montamos o vídeo, que partillaremos nos próximos días, deixámosvos aquí todas as actividades referidas a esta conmemoración que temos no noso blog, que son unhas cantas. E o noso catálogo por se queres vir á biblio a levar algo. Que aproveite! Feliz día de Rosalía!


luns, 20 de xaneiro de 2020

Catálogo... de cine!!!!

Ao fío de novas achegas económicas, estamos pendentes de incorporar novas referencias ao noso catálogo de pelis. Mentres, podedes botarlle un ollo ao que xa hai... Moito e bo!

luns, 9 de decembro de 2019

Tachán, tachán... Literatura universal traducida: o catálogo... Escritoras universais!!!

Preto de 500 títulos con voz de muller configuran o noso catálogo de literatura universal traducida que vos achegamos hoxe. Botádelle un ollo, que hai moito e bo!




mércores, 23 de outubro de 2019

Acción!!!! As nosas directoras de cine.

E xa postos cos catálogos, hoxe partillámosvos o de directoras de cine. Estamos en constante adquisición de fondos, así que estade atentos e atentas ao taboleiro pinterest de novidades que tendes na columna dereita deste blog.

xoves, 17 de outubro de 2019

Viaxes e Viaxeiras.

Partillámosvos o catálogo "Viaxes e Viaxeiras", para que peregriñedes a Terra Santa ou vos animedes a visitar Thailandia. Que a proveite!

venres, 11 de outubro de 2019

Hoxe, biografías.

Xa están en produción os catálogos de referencias coa materia Voces de Muller, para que sexa (aínda máis) doado atopar o que busquemos, ou simplemente curiosear.

Comezamos con biografías, para que coñezades a algunhas das moitas mulleres que fixeron historia. Que aproveite!

martes, 19 de febreiro de 2019

Manuel Rivas na nosa biblio!!!

O venres pasado, 15 de febreiro, tivemos a sorte de que nos visitara Manuel Rivas. Despois dunha amena charla, brindouse a firmar os nosos exemplares, tanto os propios do alumnado de 1ºESO que foi o que asistiu ao encontro, como os da biblio, que estaban preparadiños nun stand colocado para tal fin. Que experiencias tan chulas vivimos na nosa biblio! Achegámosvos unhas fotos e tamén o catálogo de obras de Manuel Rivas que temos entre as nosas referencias. Que aproveite!









mércores, 18 de abril de 2018

Meteoescolas na Biblio

Parece que veu a primavera! Dende a biblio non queremos deixar de participar neste programa que xa leva anos instalado no noso IES: Meteoescolas, no que varios departamentos traballan arredor do clima e a meteoroloxía. Mesmo teñen un blog ben chulo que vos recomendamos e está na nosa sección de blogs, na columna dereita, e tamén, para que non o teñades que ir buscar, aquí.

Pois o noso granciño de area é a creación dun expositor con fondos relativos a este tema para que axude a tódolos participantes a buscar información, informarse sobre o cambio climático ou mesmo facer experimentos! 

Con este pequeno catálogo a busca será máis doada. Que aproveite!




sábado, 24 de febreiro de 2018

Na frente unha estrela...

Como sempre dicimos, todos os días son o día de Rosalía... Pero hoxe, máis!

Aquí podedes ver tódalas entradas do blog nas que a mencionamos dalgunha maneira, e lembrade que o noso catálogo rosaliano da biblio e ben completo. Feliz día e boa fin de semana!