Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca inclusiva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca inclusiva. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de decembro de 2025

Cóntame un conto!!! O proxecto de apadriñamento lector do alumnado de oratoria

 Tras prepararnos concienzudamente, por fin puidemos partillar coa cativada do CEIP Curros Enríquez as nosas habilidades como contacontos.

O grupo de 3ºESO da materia de oratoria participou onte pola mañá nesta actividade organizada pola biblioteca para tender pontes entre a Bibliocurros e a Bibliopoleiro, e foi unha colaboración do mais satisfactorio. Fomos moi ben recibidos e, preparados cos nosos contos, repartímonos entre os grupiños de rapazada de 1º e 2º de primaria, que parece que tamén o pasaron moi ben. O puntiño de emoción foi a volta de algúns dos nosos adolescentes ao seu cole de primaria.

Tamén o noso Fabio contou o seu conto, axudado por unha fermosa presentación audiovisual que realizou xunto coa súa profe Lola e co seu compañeiro Brais prestándolle a voz. Aquí deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos. Pregunta o noso alumnado... cando volvemos?












E non vos perdades o vídeo do conto de Fabio!!!

luns, 10 de novembro de 2025

Unha visita á biblioteca... da man do alumnado de Oratoria de 3ºESO

 Como sabedes, o alumnado de oratoria está realizando a actividade "Guía por un Día", coa que estamos pasando moi bos momentos.

Quedou pendente na última entrada desta bitácora achegarvos este xenial material didáctico: con esta fermosa presentación, Fabio presentou a biblioteca, e os seus compañeiros e compañeiras prestáronlle a súa voz en cada locución gravada. Bravo, Fabio! Infinitas grazas, grupo!

Premede na imaxe para enlazar co material interactivo. É unha marabilla, que aproveite!



Neste vídeo, así en crú, en vivo e en directo, veredes o ben que se axeitou Fabio pilotando a presentación.



mércores, 22 de setembro de 2021

Como buscar na biblioteca: guía para o alumnado.

 Agora que a situación sanitaria permitiu cambiar o protocolo e que sexan os usuarios e usuarias os que manipulen os libros, cómpre repasar o proceso para a atopar o tesouro que precisemos. Aquí vos deixamos unha sinxela guía. Picade na imaxe para acceder ao documento. 



luns, 20 de setembro de 2021

Comezamos coa apertura extraescolar da biblioteca!

 Estamos encantados de anunciarvos que retomamos a apertura extraescolar da biblioteca os martes, mércores e xoves de 15.30 a 17.10, e retomamos tamén a lectura en sala e as visitas. Agardámosvos!




xoves, 27 de maio de 2021

Lectura fácil: o noso novo catálogo.

Xa vedes que aquí non vale parar!

Para que coñezades de primera man as nosas novas adquisición, partillamos hoxe o noso novo catálogo de lectura fácil: referencias nas que a linguaxe pero tamén a ilustración ou a maquetaxe están adaptadas para que sexan máis sinxelas de comprender. Botádelle unha ollada e vinde, que xa están en préstamo!