Rematando xa os últimos materiais da nosa saborosa campaña Comer ou non Comer, achegamos este delicioso traballo realizado pola profe, Isidora Gil, seguindo os mesmos procesos que o seu alumnado.
Premede na imaxe para velo completo. Que aproveite!!!
Rematando xa os últimos materiais da nosa saborosa campaña Comer ou non Comer, achegamos este delicioso traballo realizado pola profe, Isidora Gil, seguindo os mesmos procesos que o seu alumnado.
Premede na imaxe para velo completo. Que aproveite!!!
Achéganse as vacacións de Nadal... Para darvos ideas para os menús dos próximos días, partillamos este fermoso documento no que as receitas inspiraron fermosas imaxes e combinacións de cores que de seguro serán moi agradables ao noso padal. Que aproveite! Preme na imaxe para gozar do menú completo!
Rematando o trimestre, rematan tamén os traballos do alumnado que quedan así de fermosos... Quen dixo que o debuxo técnico e a gastronomía non tiñan nada que ver?
Preme na imaxe para gozar do documento completo!
O alumnado de 4º finalizou os seus traballos de expresión artística así de ben... Últimos coletazos da nosa campaña gastronómica!!!
Preme na imaxe para ver o documento completo.
Xa nos últimos meses de campaña, aínda quedan cousiñas por partillar. Hoxe deixámosvos este resumo dos traballos relativos á gastronomía que se están a facer no Departamento de Debuxo.
Como hoxe é o día de Santa Cecilia, patroa da música, e seguindo a idea da cena de Don Giovanni co Comendador, tamén vos deixamos esta recomendación: o vídeo da escena operística de Mozart na que a pantasma do Comendador acode á invitación de Don Giovanni. Que aproveite!
As amigas de ESF (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia), cos que, como sabedes, comezamos a colaborar o curso pasado no proxecto Hackers Sen Fronteiras, envíannos dúas novas ben interesantes.
Por unha banda, un estudo sobre Tecnoloxía para o Ben Común no ensino secundario galego que desenvolveron a raíz das enquisas que recolleron nos centros participantes no programa piloto (ademáis de nós, o IES San Rosendo de Mondoñedo e o IES de Curtis).
Entre as evidencias que arroxa á luz, está a de que a Tecnoloxía para o Ben Común, se ben é un tema que lles resulta interesante, está afastado da súa realidade. Ou a fenda de xénero, pola que as rapazas non perciben o eido tecnolóxico como propio. Ou que o alumnado non indentifica como tecnoloxía, por exemplo, o protocolo COVID do instituto. Ou que non considera que a tecnoloxía poida reducir a desigualdade social.
Un exemplo:
Podes ler o documento completo aquí.
Velaquí os recentes traballos da recta final da campaña gastronómica que nos acompaña durante este 2023. Desta vez, bodegóns. Con inspiracións de épocas artísticas varias e diversas técnicas, poderedes contemplar os fermosos traballos do alumnado de debuxo artístico.
Estamos preparando unha escolma de receitas. Aquí vos deixamos o modelo: ide buscando a cociñeiros e cociñeiras do voso contorno que vos queiran partillar os seus segredos culinarios!
Achegámonos á fin de curso, e polo tanto á noite de San Xoán. Deixámosvos un traballiño de fai tempo que nos acae moi ben nestas datas: Herbas para comer e curar.
O alumnado de debuxo artístico do curso 17-18 realizou este herbario tan fermoso no que podedes atopar especies nomeadas en varios idiomas e tamén co nome científico. Pica na imaxe para ver o documento completo.
Así que, como di o dito: "Herbiñas de San Xoán, librádeme de todo mal". Máis información...
Velaquí o proxecto de 2ºESO C dentro da campaña da biblio: Música cotidiáfona. A música cotidiáfona é a que se interpreta con obxectos que non son intrumentos musicais. Así que tomando a cociña como escenario, lanzámonos a gravar as nosas propias composicións inspirándonos nun vídeo de percusionistas profesionais que fan da casa o seu instrumento.
Partillamos este taboleiro no que podedes escoitar todas as composicións.
Rescatamos un traballo de antano para que vexades que isto do comer non é cousa de agora. Xa levamos tempo traballando arredor da importancia da gastronomía, e hoxe a cousa vai de bodegóns reinterpretados polo alumnado de debuxo artístico do curso 19/20.
Saudamos dende aquí a ese alumnado que xa non está con nós e voa polo mundo adiante. Picade na imaxe para ver o documento completo!
Utilizamos este fermoso verso do Miudiño para titular o mini proxecto do alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Música e a Danza ao fío da campaña da biblio...
Neste taboleiro poderedes viaxar pola historia da música da man da gastronomía, presentados en forma de menú... Unha maridaxe perfecta!
Continuando cos produtos da campaña, o alumnado de plástica de 4º preparou estes bodegóns tan chulos, cos que aprenderon a encaixar e proporcionar unha imaxe, traballaron as gamas cromáticas, valoraron as luces e as sombras e todo elo coa técnica do acrílico.
Da man dos grandes (Caravaggio, Van Gogh, Zurbarán e outros), recrearon as súas propias obras de arte cuns resultados fermosísimos.
Pica na imaxe para ver o documento completo!
A comida continúa a ser neste curso fonte de inspiración. Velaquí un traballo de 4º ESO na materia de plástica no que se traballan ritmos visuais, espazos e novas técnicas.
Picade na imaxe para acceder á presentación completa. Que aproveite!
Mirade que traballo tan bonito do curso pasado... xa apuntábamos maneras interesándonos polas cousas de comer: o alumnado de debuxo artístico reinterpretou as obras de Clara Peeters, pintora nacida presuntamente en Amberes no século XVI que se especializou en naturezas mortas. Algunhas delas escondían autorretratos, e tiña un estilo moi preciso e detallista.
O Museo do Prado garda catro dos seus mellores bodegóns.
Picade na imaxe para gozar dos traballos de Clara e do noso alumnado!
Continuamos a nosa campaña comestible desta vez poñendo a mesa: debuxamos diversos utensilios de mesa e expoñémolos con cartaces que nos informan dos seus nomes en diferentes idiomas.
Picade na imaxe para visualizar a presentación completa e visitade a exposición nos nosos corredores!
Fermosura de traballo o do alumnado de 4ºESO, no que reviviron bodegóns de grandes artistas, educando o ollo e traballando a proporción das imaxes.
Picade na imaxe para ver o traballo completo, que tamén podedes ver exposto nos nosos corredores.
Claro que si: a biblioteca é un reflexo da vida. Nesta presentación da última entrega de "A comida, a vida" atoparedes referencias da biblio relativas á nosa campaña Comer ou non comer... : historia dos alimentos e da gastronomía, ciencia, viaxes, receitas, narrativa, pelis...
Pica na imaxe para acceder ao contido completo da presentación!
Hoxe, desigualdades na cuarta entrega de "A comida, a vida". Mentres algúns pasan fame, outros teñen doenzas derivadas da abundancia e do exceso. Pode o planeta permitirse alimentar a unha poboación crecente? Podemos quedar tranquilos os países desenvolvidos co vergoñento desperdicio alimentario que producimos?
Picade na imaxe para acceder á presentación completa. Esta si que non ten desperdicio!