Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta "a comida, a vida". Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta "a comida, a vida". Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

martes, 21 de marzo de 2023

A comida, a vida: A comida na biblioteca

 Claro que si: a biblioteca é un reflexo da vida. Nesta presentación da última entrega de "A comida, a vida" atoparedes referencias da biblio relativas á nosa campaña Comer ou non comer... : historia dos alimentos e da gastronomía, ciencia, viaxes, receitas, narrativa, pelis... 

Pica na imaxe para acceder ao contido completo da presentación!


E lembra: buscar no noso catálogo de fondos é doado! Accede aquí ao buscador, ou picando na imaxe, ou escaneando o qr...





luns, 13 de marzo de 2023

A comida, a vida: o noso novo material de campaña por entregas


 

Comezamos a semana con este novo ciclo de entregas chamado "A comida, a vida", no que atoparedes a evolución da alimentación humana guiada por algunhas das referencias da nosa biblio por se queredes saber máis.

O primeiro capítulo titúlase "Coa comida non se xoga". Atoparedes alimentación prehistórica, o paso do humano nómada ao sedentario e unhas cantas referencias variadas: narrativa, receitas, libro ilustrado, ciencias naturais, cine, banda deseñada... 

Picade na imaxe para acceder á presentación completa! E aquí para acceder a todas as entradas da campaña Comer ou non comer...





martes, 21 de marzo de 2023

A comida, a vida: Ricos e pobres

Hoxe, desigualdades na cuarta entrega de "A comida, a vida". Mentres algúns pasan fame, outros teñen doenzas derivadas da abundancia e do exceso. Pode o planeta permitirse alimentar a unha poboación crecente? Podemos quedar tranquilos os países desenvolvidos co vergoñento desperdicio alimentario que producimos?

Picade na imaxe para acceder á presentación completa. Esta si que non ten desperdicio!


Sobre soberanía alimentaria e desenvolvemento sostible tivemos uns obradoiros xa no primeiro trimestre, para irnos documentando e encarar estas cuestións con información fiable. Podedes ver aquí os materiais, elaborados por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dentro do programa piloto Hackers Sen Fronteiras no que, como sabedes, participamos este curso!


xoves, 16 de marzo de 2023

A comida, a vida: Pan, viño, camiño

 Hoxe en "A comida, a vida" atoparedes rutas e viaxes dos alimentos, os usos e costumes de cada territorio e algunhas especias para darlle sabor. E referencias que podedes atopar na nosa biblio, claro.

Pica na imaxe para ver a presentación completa. 

E aquí podedes atopar todas as entradas da nosa campaña Comer ou non comer...






mércores, 15 de marzo de 2023

A comida, a vida: Non so de pan...

 Nesta segunda entrega da colección "A comida, a vida", achegámonos á aceptión "divina" ou "relixiosa" da comida... Alimentos sagrados? Alimentos prohibidos? Pica na imaxe e infórmate de todas estas cuestións.

Tamén podes ver aquí todo o material da campaña Comer ou non comer...




xoves, 12 de xaneiro de 2023

A nosa biblioteca, un pouco máis especial e máis musical ca nunca!

Por fin está con nós a nosa última adquisición: o complemento perfecto para a biblio e un fogar inmellorable para este piano histórico. Si, como ledes, o histórico piano do Café Latino está xa no seu emprazamanto definitivo. Polas súas teclas pasearon mans como as de Michel Camilo, Patricia Barber, Chano Domínguez, Abe Rábade ou recentemente Hiromi. 

A música fai a nosa vida máis feliz, a nosa lectura máis placentera e a nosa comida máis saborosa! Tentaremos organizar unha inauguración á altura das circunstancias, pero polo momento aquí vos deixamos testemuño fotográfico e audiovisual.