Hoxe, desigualdades na cuarta entrega de "A comida, a vida". Mentres algúns pasan fame, outros teñen doenzas derivadas da abundancia e do exceso. Pode o planeta permitirse alimentar a unha poboación crecente? Podemos quedar tranquilos os países desenvolvidos co vergoñento desperdicio alimentario que producimos?
Picade na imaxe para acceder á presentación completa. Esta si que non ten desperdicio!
Sobre soberanía alimentaria e desenvolvemento sostible tivemos uns obradoiros xa no primeiro trimestre, para irnos documentando e encarar estas cuestións con información fiable. Podedes ver aquí os materiais, elaborados por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dentro do programa piloto Hackers Sen Fronteiras no que, como sabedes, participamos este curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario