Ide pensando en buscar a mellor compaña para este verán... Temos algunhas suxestións nos nosos expositores. Tamén podemos aconsellarvos segundo os vosos gustos personais... Agardámosvos!
LIBROS PARA CONCIENCIAR: EXPOSITOR "LIBERDADE E RESISTENCIA"
Ide pensando en buscar a mellor compaña para este verán... Temos algunhas suxestións nos nosos expositores. Tamén podemos aconsellarvos segundo os vosos gustos personais... Agardámosvos!
LIBROS PARA CONCIENCIAR: EXPOSITOR "LIBERDADE E RESISTENCIA"
Con esta actividade organizada polo departamento de Galego, tivemos a sorte de escoitar a Xosé Henrique Costas falando sobre as linguas peninsulares, esa gran riqueza que se debería conservar a toda costa.
Non deixedes de ler os dous volumes da saga Banu Marwán: a estirpe do galego, deste autor, nos que podedes viaxar no tempo ao medioevo e vivir moitas aventuras.
Días de moito pedido, o arrecendo dos libros novos, moito Koha e moita pegatina... quen o probou, sábeo!
Pero moi contentas, enchendo os andeis e expositores de novidades e coa Hora de Ler e o Club xa vento en popa!
Neste mes que remata cumpriuse un século do nacemento dun autor que nos encanta: Andrea Camilleri.
Recomendámosvos encarecidamente que o leades, e abofé que na Bibliopoleiro estamos ben surtidos: poderedes atopar ao comisario Montalbano, o seu principal personaxe, nunha saga de novelas fascinante.
Aquí vos deixamos un artigo estupendo sobre o aniversario de Camilleri:
Atentos, atentas, profesorado e alumnado: chega outubro, e con el, a hora de ler!!!
Xa tendes o calendario en todas as aulas e tamén en algúns espazos estratéxicos do centro. Non o esquezades: o mércores, día 1, a primeira hora, arrancamos!!!
O mellor da literatura histórica!!! Recomendado polo alumnado de bacharelato, non o perdas: neste verán hai tempo para todo!
Aproveita estes últimos días para levar reservas lectoras para o verán!!!
Narrativa, pelis, banda deseñada, libro informativo... a mellor compañía para unhas vacacións de primeira categoría!!!!
Aí vai o noso catálogo de novidades e recomendacións.
Así de ben acompañadas estivemos na biblioteca a tarde de onte. Francisco Fariña e Luis Orero presentaron, logo dunha visita ao Castro, a completa edición que recolle achados antigos e recentes de Castromao. A presentación, que encheu a biblioteca, estivo precedida dunha visita guiada ao castro da man dos autores do libro.
Agradecemos a oportunidade a César Llana, director do Museo Arqueolóxico de Ourense, que sempre nos ten en conta e nos axuda na nosa andaina museística, e por suposto aos autores da publicación.
Aquí quedan unhas imaxes. Por suposto, xa podedes atopar o libro nos nosos andeis. E aquí podedes ver a convocatoria da actividade, que publicamos fai uns días.
Partillou co noso alumnado de 2º ESO un ratiño ben interesante comentando o seu último libro, O que sei do silencio, que todos leran, puidendo así establecer un diálogo moi fluído coa autora.
Ela é reincidente: xa estivera na nosa biblio en 2023. Sempre benvida!
Agardamos que as vacacións foran estupendamente.
Inauguramos semana do libro cunha proposta: como a biblio está subscrita á revista O Papagaio, que saibades que se pode acceder ao seu formato virtual nos dispositivos do centro mediante o seguinte enlace:
https://opapagaio.gal/rexistro/
Que aproveite! E feliz lectura!
Velaquí o noso boletín que recolle algunhas as actividades que levamos feito no centro. Preme na imaxe! Aquí podes visitar o histórico de boletíns.
Ás veces atopamos cousas bonitas feitas por artistas talentosas...
Presentamos este vídeo informal no que o alumnado de 2ºB recita a Rosalía. Que está sen preparar? Si. Que Rosalía é un valor absoluto con ensaio e sen el? Tamén!
Non vos perdades mañá no Liceo de Ourense a presentación de "O segredo do Trasno", poemario de Alexandre Corbillón coeditado por Aira editorial e a Fundación Ínsua dos Poetas.
Temos un recordo fantástico de Alexandre (ou Xandre), que pasou por esta biblioteca e polas nosas aulas, xa entón colaborando en canta actividade había no centro.
Acompañámolo na presentación de "Cristal", a súa ópera prima, autoeditada e que lle valeu moi boas críticas, e incluso unha estadía literaria en Islandia da man das bolsas da Deputación de Ourense xestionada por Residencia Literaria 1863.
Con limiar de Méndez Ferrín, este novo poemario traballado durante a súa estadía no estranxeiro promete ser a consagración de Xandre, e por suposto, unha fantástica excusa para que nós podamos fachendear.
A presentación contará con colaboracións excepcionais, Alexandre estará moi ben arrodeado: mirade o cartaz... é para non perder!
Estamos de estrea! Novo mobiliario para situar Lectura Fácil e coleccións, porque queremos que atopedes o que buscades axiña e porque estamos encantadas de expoñer os nosos fondos e que queden ben bonitos...
E incluso hai uns andeis para visibilizar homenaxes, premios e demais! As fotos non fan xustiza ao bonito que quedo, vinde a biblio e verédelo in situ!!!!
Outra boa nova! Manuel Rivas gaña o Premio Nacional das Letras!
Con el colaboramos fai uns anos... Estivo na nosa biblio en 2019 , fixemos o roteiro da Lingua das bolboretas e mesmo fixemos un proxecto sobre a súa obra!
Temos moito que celebrar!
Chus Pato foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía!
Paula Carballeira fíxose co de Literatura Dramática o ano pasado, así que constatamos que a nosa literatura ten moi boa saúde!
Aquí vai a nosa sinxela homenaxe a Gloria Fuertes. Onte, Día das Escritoras, gravámolo na aula, sen grandes medios pero con ledicia e bo ambiente. O alumnado sonorizou, na aula de música, un texto de Gloria sobre a amizade, mentres unha compañeira recitaba, e velaquí o resultado.
Hoxe achegamos este estupendo recurso que a Biblioteca Pública de Ourense Nós pon á nosa disposición na súa web, en formato descargable para imprimir e en formato Calameo.
Aprender un pouco máis non costa nada se os contidos están en letra grande, ben resumidiños e cunha linguaxe clara, pois a lectura fácil non só é unha adaptación que facilita a lectura, senón tamén a comprensión.
Preme na imaxe e accede ao documento completo!
Nestes días estamos incorporando algúns libros curiosos ao noso "fondo histórico", previa ciruxía reconstrutiva. Son exemplares ben bonitos, doazóns feitas con agarimo para que queden nos nosos andeis.
Podedes consultar no catálogo, na materia "Hospital de libros", os exemplares arranxados no noso obradoiro.