Para inaugurar decembro, traemos de volta esta compilación de recursos ALFIN que xa partillaramos fai un tempiño, ou estaban dispersos pola bitácora adiante. Agardamos que vos sexan de utilidade!
luns, 1 de decembro de 2025
luns, 21 de abril de 2025
Feliz semana do libro!!!! Hoxe, O Papagaio!
Agardamos que as vacacións foran estupendamente.
Inauguramos semana do libro cunha proposta: como a biblio está subscrita á revista O Papagaio, que saibades que se pode acceder ao seu formato virtual nos dispositivos do centro mediante o seguinte enlace:
https://opapagaio.gal/rexistro/
Que aproveite! E feliz lectura!
luns, 25 de abril de 2022
As artes do libro: Continuamos encadernando polo mundo
Continuamos celebrando os Días do Libro. Con esta fermosura de titorial están os compañeiros e compañeiras de Maceda mellorando a súa técnica encadernadora da man de Isidora Gil, que está realizando con eles unhas sesións de docencia do máis produtivo. Xa levamos uns aniños nesto, dentro do noso Proxecto Gutenberg, e teñen saído da nosa factoría os fantásticos titoriais "Encadernacións para manazas" que podedes visitar aquí.
Polo momento deixámosvos este material e mandamos un saúdo aos profes de Maceda que o están facendo tan ben.
martes, 8 de febreiro de 2022
KOHEANDO
Bo día!
Hoxe toca kohear! Aprenderemos a realizar a catalogación derivada. Agardamos que sexa de utilidade!
mércores, 2 de febreiro de 2022
KOHEANDO
Traémosvos unha nova entrega de "KOHEANDO". Xa sabedes que nesta sección temos a intención achegarvos recursos para aprendermos a trebellar coa nova plataforma de xestión da biblio da que xa vos falamos, Koha, e que no noso caso xa estamos a utilizar a pleno rendemento.
Hoxe, aprenderemos a realizar a catalogación directa.
xoves, 20 de xaneiro de 2022
Calendario científico escolar 2022
Como cada ano deixámosvos o enlace de descarga desta fantástica iniciativa do CSIC que da a coñecer referentes STEM e efemérides científicas, deseñado e ilustrado por Belén Ballesteros.
Accede aquí aos calendarios 2020 e 2021!
Pica na imaxe para ver e descargar!
mércores, 12 de xaneiro de 2022
Novidades no noso catálogo e na nosa ferramenta de xestión
Pois si, por fin rematamos a mudanza dende a anterior ferramenta de xestión (MEIGA) á actual (KOHA), pensamos que con bastante éxito pola nosa parte como usuarias e, polo momento, por parte da propia ferramenta e de quen xestionou a migración.
Xa temos tamén o novo enlace para que entredes no catálogo, que é ben bonito, e do que vos deixamos aquí a interface, na que aparecerán actualizados os fondos máis prestados e as novidades.
Pica na imaxe e accede!
luns, 10 de xaneiro de 2022
A nosa biblio aparece na canle de Youtube de Paco Nadal
Bo día! Arrancamos o segundo trimestre con renovadas enerxías, e achegámosvos unha nova ben bonita: a nosa biblio volve a andar pola rede.
E non só a nosa biblio: Paco Nadal, coñecido pola súa colaboración no diario El País, en Cadena Ser e por ter unha fantástica canle de youtube e unha web sobre viaxes, "1000 sitios que ver", presenta este vídeo de preto de 8 minutos no que conta as marabillas da nosa comarca.
Aquí volo deixamos, non ten desperdicio. Que nunca deixemos de valorar o noso patrimonio!
xoves, 18 de novembro de 2021
Darío Xohán Cabana, ata sempre.
Hoxe lembramos a Darío Xohán Cabana que marchou para non volver. Quedarán as súas magníficas letras nas nosas lembranzas e na nosa biblio. E tamén nas actividades que fixemos sobre elas, pois foron un fantástico fío conductor para o material de formación en ilustración que elaborou Isidora Gil para os compañeiros de O Barco. Aquí vos queda. Picade nas imaxes para ver os arquivos completos.
http://bibliotecapoleiro.blogspot.com/search?q=o+libro+dos+moradores
xoves, 7 de outubro de 2021
Volve a nosa Hora de Ler
Esta semana retomamos a nosa Hora de Ler. Achegámosvos, para que o teñades a man, o padlet de recursos que preparamos o curso pasado e está en permanente actualización. Que aproveite!
venres, 14 de maio de 2021
Feliz Día das Letras!!!! Parabéns, Xela Arias
Neste ano pandémico non podemos deixar de sinalar a festa das nosas letras, que como sabedes é o luns, pero xa imos quecendo motores.
Moitos blogs escolmaron recursos sobre ela para traballar na aula, deixámosvos algúns enlaces ben interesantes. A semana que vén achegarémosvos unha escolma propia de poesía que podedes utilizar na Hora de Ler ou simplemente gozala calquera día
Recursos varios:
Consultade o xenial Blogesquío do CEIP Saco e Arce de Toén.
Fantástico material do IES Salvaterra de Miño
E un reto: A Biblio do IES Poeta Díaz Castro proponnos facer a versión musical de Son quen de Xela Arias.
Aquí vos deixamos o vídeo titorial por se vos animades ao longo da semana que vén a cantala.
Boa finde das letras!
martes, 23 de febreiro de 2021
Desmontando bulos e practicando o pensamento crítico.
venres, 19 de febreiro de 2021
"Especial Pandemias", sétima entrega: O hixienismo
Terá que ver a hixiene coa saúde? Vai ser que si. Coñece máis sobre o movemento que contribuiu a mellorar a calidade de vida das persoas e a previr moitas enfermidades nesta sétima pílula informativa do "Especial Pandemias".
xoves, 18 de febreiro de 2021
"Especial Pandemias", sexta entrega: A chegada das vacinas
Por fin! As vacinas! Como sabedes, hai quen desconfía delas... Pero dende o seu descobremento teñen evitado un número incalculable de mortes. Por certo, sabes quen foi Isabel Zendal? E como chegou a vacina da variola ao continente americano? Descobre estas respostas e moitas máis na sexta pílula informativa do noso "Especial Pandemias".
venres, 12 de febreiro de 2021
Na biblio tamén temos producións propias!
Hoxe presentámosvos as nosas producións propias, das que estamos moi orgullosas: queremos "fachendear" do noso Proxecto Gutenberg, dos nosos Textos do Poleiro... e de moitos máis traballos que levamos feito!
Picade na imaxe e xa veredes que cousiñas chulas! Por suposto, están fichadas e teñen o seu propio espazo especial na nosa sala de lectura, así que as podedes levar en préstamo cando queirades.
E, aínda que sexa un ano raro, desexámosvos feliz Entroido. Xa chegará o tempo de celebrar!
mércores, 10 de febreiro de 2021
"Especial Pandemias", quinta entrega: VIH Sida
Unha das pandemias máis graves e recentes, cuxo primeiro caso data de 1981, é o SIDA, virus probablemente de orixe animal no que o sistema inmunolóxico queda tan deprimido que non é quen de facer fronte a outras agresións externas. Aprende máis sobre o Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida coa quinta pílula informativa do noso "Especial Pandemias"!
luns, 8 de febreiro de 2021
"Especial Pandemias", cuarta entrega: A gripe española
Sabiades que o primeiro caso de gripe (mal chamada) española non foi en España senón en EEUU? Alá vai a nosa seguinte pílula informativa do "Especial Pandemias"...
venres, 5 de febreiro de 2021
"Especial Pandemias", terceira entrega: A peste negra.
xoves, 4 de febreiro de 2021
Máis material do noso Seminario Permanente: O Románico
mércores, 3 de febreiro de 2021
Calendario científico escolar 2021
Hoxe achegámosvos o novo calendario científico 2021 do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía que escolma efemérides importantes da ciencia e ten un fantástico traballo de deseño e ilustración realizado pola artista gráfica Belén Ballesteros.
Ademáis achega unha guía didáctica e a súa descarga é gratuíta, ademáis de ofertarse en galego, castelán, bable, catalán, euskera e inglés.
Pica no enlace de descarga para telo no teu equipo e podelo imprimir!


