Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Gutenberg. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Gutenberg. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de setembro de 2024

Recuperando libros senlleiros

 Nestes días estamos incorporando algúns libros curiosos ao noso "fondo histórico", previa ciruxía reconstrutiva. Son exemplares ben bonitos, doazóns feitas con agarimo para que queden nos nosos andeis.

Podedes consultar no catálogo, na materia "Hospital de libros", os exemplares arranxados no noso obradoiro.








martes, 24 de maio de 2022

Versos ilustrados, de Delgado Gurriarán

Continuamos celebrando as Letras 2022 e non damos feito para amosarvos tanta produción como sae da nosa fábrica! 

Hoxe, o material de traballo cos compañeiros de Trives e Valdeorras, que aproveitaron as sesións de docencia con Isidora Gil da mellor maneira, acadando uns resultados formidables. 

As ilustracións elaboradas por estes equipos e os textos de Delgado Gurriarán convivirán harmoniosamente nestes libros autoproducidos.

Parabéns!!!

Pica na imaxe para ver a presentación completa!

luns, 25 de abril de 2022

As artes do libro: Continuamos encadernando polo mundo

 Continuamos celebrando os Días do Libro. Con esta fermosura de titorial están os compañeiros e compañeiras de Maceda mellorando a súa técnica encadernadora da man de Isidora Gil, que está realizando con eles unhas sesións de docencia do máis produtivo. Xa levamos uns aniños nesto, dentro do noso Proxecto Gutenberg, e teñen saído da nosa factoría os fantásticos titoriais "Encadernacións para manazas" que podedes visitar aquí.

Polo momento deixámosvos este material e mandamos un saúdo aos profes de Maceda que o están facendo tan ben. 



martes, 1 de febreiro de 2022

Celebrando de novo o Día da Ilustración cos centros de Trives e O Barco

Continuando coas efemérides, celebramos o día 30 xaneiro o Día da Ilustración, e visibilizámolo con esta entrada da nosa bitácora.

Os nosos centros compañeiros de ilustración tamén o amosaron, e non queremos deixar de chamar a atención sobre as súas webs e blogs, ateigados de entradas interesantes e moitísimo traballo.

Picade nas imaxes para acceder ás entradas do Día da Ilustración e dádevos unha volta para ver as súas actividades.












venres, 28 de xaneiro de 2022

Día da Ilustración

O día 30 deste mes é o Día da Ilustración.

Para celebralo, querémosvos contar que estamos a impartir docencia nuns proxectos de formación en centros cos compañeiros de Trives e O Barco.

O curso pasado traballamos, como sabedes, con moito éxito, "O libro dos Moradores", do recentemente falecido Darío Xohán Cabana, e este ano estamos a traballar sobre Florencio Delgado Gurriarán. Deixámosvos este enlace á Aula de Ilustración, no que podedes ver os avances destes grupos de traballo para profes, pero tamén os do alumnado de debuxo do centro.

Aquí tendes máis información sobre o Día da Ilustración fornecido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares

E tamén vos deixamos o catálogo de libro ilustrado para que veñades a sacalos de paseo. Non deixedes de botarlle unha ollada aos magníficos exemplares do o expositor de novidades, que hai moitas e boas!




xoves, 24 de xuño de 2021

Unha produción propia para que vos acompañe no verán: O Medallón Mameluco

 Este é o proxecto do que vos adiantamos algunha cousiña... Xa saiu da imprenta en formato físico: un libriño ben xeitoso que podedes levar en préstamo da nosa biblio, pero como non temos ningún afán recaudatorio, partillámolo completiño de balde.

É o froito dun ambicioso proxecto levado a cabo co alumnado de 4ºESO nas materias de galego, historia e debuxo artístico: relato histórico en galego con fermosísimas ilustracións... Quen dá máis?

Agardamos que vos guste e desexámosvos feliz verán!

PD.- Igual algo quedou no tinteiro e asomamos todavía a esta bitácora para achegárvolo... todo pode ser.


mércores, 24 de marzo de 2021

Ilustrando contos: "O libro dos moradores"

 E velaquí os apuntamentos que Isidora Gil elaborou como material de docencia para un grupo de profes que quere este libro de relatos curtos de Darío Xoán Cabana. 

É unha preciosidade, está moi ben explicadiño, con exemplos e documentación, e con pistas e consellos para abordar semellante fazaña (ilustrar!). Podemos ver tamén os traballos que os profes están a elaborar, e que son ben xeitosos. A seguir así!

Felices vacacións!

mércores, 17 de marzo de 2021

Ilustrando contos

 Hoxe deixámosvos esta fermosa presentación na que pasiño a pasiño se nos van mostrando pistas para ilustrar un conto. É moi importante o feito de que a ilustración completa á historia, a aclara ou a adorna, así que finalmente non importa tanto a técnica... Non obstante, tamén nos da unhas pistas sobre diferentes materiais e técnicas, nos explica como documentarnos ou aporta ideas sobre a composición da ilustración.

Pero é mellor que a vexades pola vosa conta, que non ten desperdicio! Que aproveite! 


venres, 12 de febreiro de 2021

Na biblio tamén temos producións propias!

Hoxe presentámosvos as nosas producións propias, das que estamos moi orgullosas: queremos "fachendear" do noso Proxecto Gutenberg, dos nosos Textos do Poleiro... e de moitos máis traballos que levamos feito!

Picade na imaxe e xa veredes que cousiñas chulas! Por suposto, están fichadas e teñen o seu propio espazo especial na nosa sala de lectura, así que as podedes levar en préstamo cando queirades. 

E, aínda que sexa un ano raro, desexámosvos feliz Entroido. Xa chegará o tempo de celebrar!



mércores, 20 de febreiro de 2019

Encadernación para manazas, III e IV... Nivel de excelencia!

Achegámosvos estes fantásticos titoriais que completan os anteriores materiais referentes a encadernación  que elaboramos dentro do Proxecto Gutenberg, que como sabedes incluía traducións, ilustracións e encadernacións das nosas propias producións, e que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca. Tamén a reparación entraba dentro do Proxecto, e o noso Hospital de Libros xa ten salvado a moitos exemplares do expurgo.

O dito, esperamos que a III e IV entrega dos titoriais vos sexa ben produtiva!






mércores, 5 de decembro de 2018

Máis do Proxecto Gutenberg: Materiais para encuadernar

Por se nesta ponte vos entran ganas de facer manualidades, aquí vos vai esta lista de materiais indispensables para encadernar ou reparar libros.





Como sabedes, no IES Celanova reparamos e encadernamos libros grazas á formación adquirida nun grupo de traballo formado polo equipo de biblioteca e adestrado por Marosa Vázquez Vaamonde.

Na etiqueta Proxecto Gutenberg deste mesmo blog podedes atopar tódalas producións relacionadas con este grupo de traballo, que traduciu, ilustrou e encadernou textos, así como os titoriais "Encadernación para manazas I e II".

Tamén podedes atopar tan interesante material no seguinte padlet. Que aproveite!

Hecho con Padlet




mércores, 15 de novembro de 2017

"Textos do Poleiro": imperdibles

Tamén rescatando os traballos de fai uns anos decidimos facer este padlet tan chulo reunindo os nosos "Textos do Poleiro", traducións ao galego dos grandes da literatura clásica: a Odisea, a Ilíada, Ovidio, Plauto, Plutarco... e moito máis! Traballo concienzudo que deu un resultado excelente! Para todos vós.

Hecho con Padlet

martes, 14 de novembro de 2017

Cousas chulas para non esquecer: Proxecto Gutenberg

Como na biblio non paramos, ás veces, con tanta novidade, esquecemos algunhas ben chulas que xa fixemos hai un tempiño pero que seguen de rabiosa actualidade. É o caso do Proxecto Gutenberg que tantos bos ratos nos fixo pasar. Agora, por fin, achegámosvos tódolos materiais reunidiños nun padlet. Hai moito que ver e que ler!!!

Hecho con Padlet

martes, 12 de xaneiro de 2016

388º aniversario de Charles Perrault

Mirade que bonito está hoxe Google!!!


Mirade na nosa sección  Proxecto Gutenberg . Alí está o Barba Azul de Perrault traducido ao galego e ilustrado polo noso alumnado de plástica.

E os que queiran saber máis, que piquen na ilustración. Google fixo unha selección para hoxe de varias entradas moi interesantes.

A nós gustounos moito esta de La Voz de Galicia, cun título moi revelador... contos crueis que Disney transformou en historias felices. 

mércores, 27 de maio de 2015

Tristán e Iseo: Outra mostra do noso Obradoiro Gutenberg II, con ilustracións do alumnado de 4ºESO

Alá vai, moi feitiña, outra creación do Obradoiro Gutenberg, desta volta Tristán e Iseo ilustrada coas letras capitulares feitas polo alumnado de plástica de 4ºESO. A tradución é de Belén Sánchez, e xa temos unha mostra física encadernada artesanalmente na biblio!




xoves, 21 de maio de 2015

Obradoiro Gutenberg... En primicia, un dos nosos traballos deste curso.

Mirade que xeitosa queda esta edición traducida de Noite de Maio, de Gogol (1809- 1852), maquetada para o noso Obradoiro Gutenberg e con ilustracións do pintor ruso Isaak Illich Levitan (1861-1900)...


venres, 13 de marzo de 2015

As grandes historias nunca morren... "A morte de Héctor". (Proxecto Gutenberg).

Atacamos de novo co Proxecto Gutenberg para abraiarnos coas marabillas do pasado... Seguimos na brecha traducindo, ilustrando, dando formato e encadernando as nosas producións por segundo ano consecutivo.

mércores, 25 de febreiro de 2015

Proxecto Gutenberg: Continuamos aprendendo os segredos da encadernación.


E para celebrar que hoxe temos sesión de formación como encadernadores de libros, coa nosa profe Marosa Vázquez, alá vos vai un tutorial da sesión anterior.