Amosando publicacións coa etiqueta Exotismos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exotismos. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de xuño de 2017

E xa foi! Despedimos o curso convivindo en Ribadavia!

O pasado 22 de xuño despedimos o curso cunha actividade conxunta de convivencia de clubs de lectura cos amigos do IES Aquis Querquernis de Bande.

Ribadavia acolleunos moi ben, e pasamos un día estupendo entre historia, exotismos, lecturas e turismo activo... e moitas risas!

Á espera de recibir o material gráfico dos nosos reporteiros e reporteiras, e deixar preparado o noso taboleiro cos materiais, que xa vos compartiremos, so queda dicir: "Ata o ano que vén". Esperamos repetir.

Seguiremos informando!!!

venres, 16 de xuño de 2017

O verán máis exótico!

O verán está aí!!! E como extra, por que non aderezalo con boa literatura, bo cine, boa música ou boa banda deseñada?

Durante a última semana do curso, aproveita para levar as túas lecturas favoritas e pasar un verán 10!


martes, 6 de xuño de 2017

"A morte espera en Samarcanda": O Padlet

Arte en estado puro! O proxecto que vos adiantamos fai uns días, que trata da ilustración do conto "A morte espera en Samarcanda", de Farid ud-Din Attar, na versión de Jean Claude Carriere, xa está completo no padlet, cos resultados finais e tamén co "como se fixo". Ben completo! Que o disfrutedes.

Made with Padlet

mércores, 24 de maio de 2017

Adiantamos en primicia os primeiros produtos de "A morte espera en Samarcanda"

Achegamos un fantástico vídeo que recolle o proceso de ilustración do conto "A morte espera en Samarcanda", de Farid ud-Din Attar, na versión de Jean Claude Carriere... Exotismo en estado puro que María Grande soubo plasmar extraordinariamente na súa obra final, explicando o proceso de documentación e creación. Seguiremos informando sobre este proxecto tan interesante, e amosándovos o resto dos resultados.

venres, 28 de abril de 2017

Exposición nas mesas da biblio.

As mesas da nosa biblio teñen moito que dicir. Así, como quen non quere a cousa. Atoparedes unha exposición ben bonita sobre o tema de campaña e aprenderedes moitísimo sobre literatura exótica, músicas do mundo e cine exótico da mellor calidade! Tamén podedes visitar a exposición virtualmente, nas entradas correspondentes deste mesmo blog: Flores doutro mundo (literatura) e Músicas doutro mundo.


xoves, 27 de abril de 2017

Outro taboleiro de cine exótico: Exótico, pero só para nós

Hai pelis, e, por suposto literatura e música, que non tiña a intención de ser "exóticas". Simplemente son a manifestación natural das inquietudes artísticas de persoas alén do mapa. Pero para nós semellan o máis apaixonante, diferente, atractivo, estraño e, en definitiva, exótico, do mundo. Velaquí o taboleiro de cine exótico, pero só para nós.


venres, 21 de abril de 2017

E... atentos ás novidades de cine exótico!!!

Un dos nosos taboleiros Pinterest de cine da campaña A Ollada do Outro... en permanente actualización!!!




Maalouf de novo: libretista de ópera

Sen vos querer saturar con Maalouf, querémosvos achegar esta rareza que acabamos de adquirir: un libreto de ópera titulado Adriana Mater, que, por suposto, podedes levar en préstamo e ler como se se tratara de calquera obra teatral. O encargado de compoñer a ópera foi Kaija Saariaho, e estrenouse o 30 de marzo de 2006 na Bastilla, con escenografía de Peter Sellars e dirección musical de Esa-Pekka Salonen e o seguinte reparto: Patricia Bardon como Adriana, Solveig Kringelborn como Refka, Stephen Milling como Tsargo e Gordon Geitz como Yonas. Como obra de arte total que é a ópera, coidaron a escenografía George Tsypin como encargado de decorado, Martin Pakledinaz do vestiario e James F. Ingalls como iluminador. E todo elo sazonado pola maxistral orquestra e coro da Ópera Nacional de París.

Deixámosvos uns vídeos con fragmentos e o "como se fixo", e recomendámosvos vir e coller o libro, que xa está listo para levar en préstamo.














xoves, 20 de abril de 2017

Maalouf no Club Senior

Mirade que selección tan chula de Amin Maalouf vos fixemos para o clube de lectura de adultos... Animádevos, que non defrauda!


mércores, 29 de marzo de 2017

Músicas doutro mundo

Tamén para a decoración das mesas recopilamos este resumo (moi, moi breve) sobre a denominada música popular ou tradicional, ou como foi etiquetada pola industria discográfica, "Músicas do Mundo".

Non é sinxelo resumir tanta diversidade cultural que se manifesta na música, na danza, nos instrumentos típicos... mais é unha aproximación para ver se vos pica a curiosidade e decidides buscar máis pola vosa conta. Na nosa sección de CDS temos unha mostra non moi ampla pero sí variada... por que non probar?

martes, 28 de marzo de 2017

Flores doutro mundo

E, por fin, a exposición que decorará as mesas da biblio nesta campaña "A ollada do outro". Titúlase "Flores doutro mundo" e lévanos de viaxe pola literatura exótica. En breve estará xa disposta no seu lugar definitivo! Pero xa podes comezar a viaxe...

venres, 24 de marzo de 2017

CATÁLOGO COMPLETO "A OLLADA DO OUTRO": EXOTISMOS!

E con todos vostedes, o catálogo completo dos nosos fondos de campaña, para que viaxedes sen saír da casa. A cultura e a información son o mellor remedio contra os prexuízos, así que todos a animarse: botade un ollo que seguro que atoparedes algo axeitado para cada un de vós.


martes, 21 de marzo de 2017

Amin Maalouf na Biblio

E como proposta para o noso Club Senior, aquí vai unha selección de libros do gran Amin Maalouf. Un exemplo de como levar o entendemento entre as culturas á mellor creación literaria. A viaxe de Baldassare, Samarcanda, Orígenes, León el Africano, espéranvos na biblio. Non vos defraudarán!


luns, 20 de marzo de 2017

A Ollada de Manal

Interesantísima a charla con Manal que mantivemos o pasado luns na biblio...
Está claro que para loitar contra os prexuízos e mellorar a convivencia, a ferramenta máis poderosa é a educación.

Como? Que quen é Manal?

Bótalle unha ollada á presentación que aparece a continuación e comparte a nosa experiencia!




martes, 7 de marzo de 2017

A ollada do outro: un bazar de oportunidades para viaxar sen saír da casa.

E velaquí o noso bazar-expositor de fondos "exóticos". Atoparedes narrativa, pelis, diccionarios (para entendernos cos outros) e mesmo receitas de cociña! Estamos en proceso de elaboración dos catálogos (o primeiro deles xa o colgamos - Exotismos na literatura universal-), pero non estaría de máis que viñeras a velo ti mesmo. Hai variedade e calidade!


venres, 3 de marzo de 2017

Exotismos: Catálogo de fondos de literatura universal

E xa van saíndo do forno os nosos catálogos de exotismos: Hoxe, literatura universal. Xa podedes vir e levar o que máis vos guste!



"Territorios de lo exótico en la literatura española del XVIII"

E para contextualizar a nosa campaña, alá vai este texto de Francisco Lafarga que podedes atopar na Biblioteca Cervantes Virtual, indicado non tanto como texto de lectura, senón como recurso informativo, que nos axuda a clarificar o concepto de "exótico" e os seus matices e resume as súas diferentes manifestacións na literatura, dende os libros de viaxes, máis obxectivos, ata as visións parcialmente fantásticas que as mentes literarias poden achegarnos acerca do que consideran "estraño", "extravagante", ou "extraordinario".


mércores, 15 de febreiro de 2017

A ollada do outro: Material de campaña

Como vos anunciabamos onte, continuamos progresando nesta campaña que se vai poñendo interesantísima. Este é o material exposto no noso gran panel para que o vexades en detalle.
Bo proveito!

martes, 14 de febreiro de 2017

Collemos marcha na nosa nova campaña... Exotismos: A ollada do outro.

Espectacular a nova decoración para a campaña que iniciamos, Exotismos: A ollada do outro. No noso grande panel do corredor de abaixo xa temos un mural con moita información repartida en diversas temáticas relacionadas co fío xeral... Invitámosvos a que o leades atentamente, pois non ten desperdicio. Seguiremos informando!





xoves, 9 de febreiro de 2017

Efemérides

1943 - en India, o líder pacifista Mahatma Gandhi inicia unha folga de fame para protestar contra a súa detención.

Máis info aquí

Imaxe de wikipedia.




1985- en Sudáfrica,  o líder do movemento negro Nelson Mandela, encarcelado dende 1962, renuncia á liberdade que lle ofrece o goberno branco se abandona a loita armada.

Máis info aquí.



1940 Naceu John Maxwell Coetzee, novelista surafricano,premio Nobel en 2003. 

Máis info aquí.

Na biblio temos Diario de un mal año, deste autor. Bótalle un ollo e ven por el se che apetece!