Xenial o hashtag
#TalDiaComoHoy, que nos permite coñecer dende twitter as efemérides do día. Xa non por mitomanía nin nada parecido, senón que moitas veces estas efemérides levan tras de si eventos culturais moi interesantes aos que convén estar atentos.
No que levamos de mes tivemos grandes datas a lembrar, como o nacemento de
Xulio Verne ou de
Charles Dickens, e mesmo a morte de
Rubén Darío e
Mary Shelley.
Os enlaces levaranvos ás biografías destas "celebrities" literarias, da man de dúas páxinas que nos gustan bastante:
Busca Biografías e
Biografías y Vidas . Na primeira poderás atopar utilidades simpáticas, como quen máis naceu o día do teu cumpreanos. As bíos son máis sinxelas e resumidiñas, pero é moi visual e agradable de ler. A segunda, máis extensa, ten sección de monografías, reportaxes e mesmo boletín. En resumo, moi interesantes ambas.
Mesmo agora que estamos preparando este post, Busca Biografías comunícanos que hoxe é o aniversario do nacemento de
Darwin, que naceu tal día como hoxe de 1809... E é que esto das efemérides é un no parar!
Imaxe procedente de farodevigo.com
Imaxe procedente de astronomo.org
Imaxe procedente de racing1913.com
Imaxe procedente de milfrases.org