Amosando publicacións coa etiqueta Encadernación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encadernación. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

Feliz Día do Libro!!!!

 Nós celebrámolo instalando un panelciño onde iremos colgando os libros que nos cambiaron a vida... O difícil é elixir só un!!!! Mirade como van medrando os corazonciños...







Tamén fixemos o xa case tradicional "amigo invisible" bibliotecario entre o profesorado e o persoal non docente, á espera de que ás titorías se animen tamén. Hoxe sorteamos os destinatarios e na semana das letras faremos o agasallo. É unha boa manera de partillar, de celebrar e de relacionarnos.

E pola tarde, as participantes no grupo de traballo do PFPP da biblio realizamos a nosa sesión de formación en encadernación creativa, coa nosa profe Isidora Gil, e fixemos creacións así de bonitas:




mércores, 15 de abril de 2026

Hoxe reviviu o noso Hospital de Libros

 Da man do noso PFPP, no que un grupiño de profes nos formamos para impulsar o traballo colaborativo e por proxectos, e a campaña O Fogar das Musas (co Museo e todo o que implica...!), recibimos hoxe unha formidable sesión de formación.

O tema? A restauración de libros! Nin máis nin menos que 8 dicionarios volveron á vida, en volumes ben vistosos e ben protexidos para que resistan mil primaveras máis.

Fai uns 10 anos recibiramos esta formación dunha gran profe: Marosa Vázquez, e hoxe, Isidora Gil reviviu para un equipo renovado ao 99% a sesión de restauración de libros con moi bos resultados.

Aquí vos deixamos titoriais ben explicados.

E unhas imaxes para que vexades canto traballamos.











luns, 25 de abril de 2022

As artes do libro: Continuamos encadernando polo mundo

 Continuamos celebrando os Días do Libro. Con esta fermosura de titorial están os compañeiros e compañeiras de Maceda mellorando a súa técnica encadernadora da man de Isidora Gil, que está realizando con eles unhas sesións de docencia do máis produtivo. Xa levamos uns aniños nesto, dentro do noso Proxecto Gutenberg, e teñen saído da nosa factoría os fantásticos titoriais "Encadernacións para manazas" que podedes visitar aquí.

Polo momento deixámosvos este material e mandamos un saúdo aos profes de Maceda que o están facendo tan ben. 



mércores, 12 de maio de 2021

mércores, 20 de febreiro de 2019

Encadernación para manazas, III e IV... Nivel de excelencia!

Achegámosvos estes fantásticos titoriais que completan os anteriores materiais referentes a encadernación  que elaboramos dentro do Proxecto Gutenberg, que como sabedes incluía traducións, ilustracións e encadernacións das nosas propias producións, e que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca. Tamén a reparación entraba dentro do Proxecto, e o noso Hospital de Libros xa ten salvado a moitos exemplares do expurgo.

O dito, esperamos que a III e IV entrega dos titoriais vos sexa ben produtiva!






mércores, 5 de decembro de 2018

Máis do Proxecto Gutenberg: Materiais para encuadernar

Por se nesta ponte vos entran ganas de facer manualidades, aquí vos vai esta lista de materiais indispensables para encadernar ou reparar libros.





Como sabedes, no IES Celanova reparamos e encadernamos libros grazas á formación adquirida nun grupo de traballo formado polo equipo de biblioteca e adestrado por Marosa Vázquez Vaamonde.

Na etiqueta Proxecto Gutenberg deste mesmo blog podedes atopar tódalas producións relacionadas con este grupo de traballo, que traduciu, ilustrou e encadernou textos, así como os titoriais "Encadernación para manazas I e II".

Tamén podedes atopar tan interesante material no seguinte padlet. Que aproveite!

Hecho con Padlet




mércores, 25 de febreiro de 2015

Proxecto Gutenberg: Continuamos aprendendo os segredos da encadernación.


E para celebrar que hoxe temos sesión de formación como encadernadores de libros, coa nosa profe Marosa Vázquez, alá vos vai un tutorial da sesión anterior.