Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2026

O Fogar das Musas, de verdade, na Semana do Libro: música barroca na biblio

 O pasado sábado, o noso IES foi O Fogar das Musas de verdade.

Un día de portas abertas para sinalar a Semana do Libro no que propios e alleos gozamos da beleza do Claustro do Poleiro, da nosa acolledora biblioteca, da poesía, da música...

A xornada comezou, portas adentro, cos músicos preparando e afinando na biblioteca... nin máis nin menos que un clavicémbalo, un órgano eléctrico e un teclado subiron as escaleiras de pedra. A continuación subiron tamén violas da gamba, frautas de pico, voces, violín e contrabaixo...

Mentres, no busto de Celso Emilio Ferreiro que sinala a nosa entrada principal, comezaba a reunirse un bo número de visitantes dispostos a percorrer o Poleiro da man da visita guiada que ofreceron os alumnos e alumnas de oratoria. Comezamos, como non podía ser menos, recitando conxuntamente a Celso Emilio baixo a bóveda que dá acceso ás dependencias do IES. A visita tivo nervios, anécdotas, risas e descubrimentos, e rematou na biblioteca para dar paso á música.

A nosa sorpresa foi maiúscula cando as cadeiras todas da biblioteca non chegaban para acoller ao público do concerto. Solucionouse da mellor maneira, aínda que os asentos a maiores non fixeran xogo cos que había. Non importou. Axiña, presentado o concerto polo alumnado de oratoria (que falou sobre os instrumentos, a formación que iamos escoitar e a obra que interpretarían), saíron os músicos a escena. Aquí, as notas ao programa.

O Ensemble de Música Antiga do Conservatorio de Música de Ourense non defraudou. Fantásticos instrumentistas, algúns moi novos, grandes voces e unha obra tráxica e ben fermosa, Venus e Adonis de John Blow... Emocionámonos e gozamos das harmonías do barroco, nunha viaxe no tempo ata os momentos da construción do noso edificio. A coordinadora da biblio tivo a sorte de ser a narradora do argumento, para axudar á súa comprensión.

Foi marabilloso reunir a tantas persoas para gozar da arte e da convivencia, partillar o patrimonio e dinamizar o centro e a vila.

Co 300 aniversario do Poleiro cada vez máis preto, agardámosvos en próximas convocatorias: paga moito a pena.

Deixamos testemuño audiovisual!













xoves, 23 de abril de 2026

Feliz Día do Libro!!!!

 Nós celebrámolo instalando un panelciño onde iremos colgando os libros que nos cambiaron a vida... O difícil é elixir só un!!!! Mirade como van medrando os corazonciños...







Tamén fixemos o xa case tradicional "amigo invisible" bibliotecario entre o profesorado e o persoal non docente, á espera de que ás titorías se animen tamén. Hoxe sorteamos os destinatarios e na semana das letras faremos o agasallo. É unha boa manera de partillar, de celebrar e de relacionarnos.

E pola tarde, as participantes no grupo de traballo do PFPP da biblio realizamos a nosa sesión de formación en encadernación creativa, coa nosa profe Isidora Gil, e fixemos creacións así de bonitas:




luns, 13 de abril de 2026

Comezamos coas celebracións do Día do Libro: Música barroca na Biblio




Para que vaiades facendo oco na axenda, anunciámosvos que o día 25 de abril ás 12.00 teremos un plan marabilloso na biblio:

A Ensemble do Departamento de Música Antiga do Conservatorio de Música de Ourense virá a presentarnos a súa produción deste curso: Venus e Adonis, de John Blow. Non vos preocupedes: teremos narración do texto para que ninguén perda o argumento.

Poderedes escoitar en directo instrumentos pouco habituais aquí: clavicémbalo, consort de violas da gamba, consort de frautas de bico e, por suposto, o coro. 

O Ensemble de Música Antiga do CMUS Ourense é un grupo no que cativada, profesorado e outros invitados colaboran para obter unha sonoridade fermosísima, nunha interpretación que chama a atención pola mencionada variedade de instrumentos e de idades: de nove aniños en adiante!

Moi interesantes son tamén as notas ao texto que dende o propio Departamento de Música Antiga nos achegan: 

" Como xa sabemos, John Blow é o compositor da "masque" Venus & Adonis, unha obra que se estreou en Londres o 17 de abril de 1684, despois de ser presentada ao rei Charles II de Inglaterra.
En canto ao libretto, aínda que o mito de Venus e Adonis inspirou o -coñecido e co mesmo título-poema de Shakespeare, do mesmo xeito que o da Metamorfoses de Ovidio, o texto que Blow empregou inicialmente atribúese á escritora Aphra Behn. Non obstante, tamén se pensa que podería ter sido escrito por Anne Finch en colaboración coa poeta Anne Killigrew.
É entón, Venus & Adonis de John Blow, unha obra na cal as mulleres desempeñan un papel único e fundamental na elaboración do texto musicado.
"

Non deixedes de pasarvos por aquí: 50 minutos de boa música nun entorno inigualable como é a nosa biblioteca... E, si: durante a construción do noso Claustro do Poleiro, esta era a música que se interpretaba en toda Europa (o trending topic do momento!)

Aquí podedes ver recesións na prensa desta presentación.

E aquí un pequeno exemplo musical do que foi a estrea no Conservatorio de Ourense.




mércores, 23 de abril de 2025

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 Todos os días o son, sempre dicimos o mesmo... Pero por que o celebramos hoxe? Bótalle un ollo a este enlace no que temos varias actividades doutros anos e a estoutro para documentarte...



venres, 26 de maio de 2023

Quedou no tinteiro: Viaxe a Madrid

O alumnado de literatura universal viaxou a Madrid a finais do mes pasado e celebrou así a semana do libro.

Asistiron ao musical do Rei León, visitaron o Prado e o Raíña Sofía, gozaron dun roteiro literario e doutras actividades culturais e de esparcemento, que tamén son precisas.

 







martes, 25 de abril de 2023

"Don Quijote de la Mancha" colaborativo.

 Presentámosvos o traballo colaborativo sobre Don Quijote que o alumnado de 1º de FPB elaborou para a Semana do Libro.

Consiste en micro audiovisuais que tratan diversos capítulos do libro, personaxes ou mesmo relevancia na actualidade. Aquí volos deixamos! Picade nas imaxes para velos!

O autor


O libro


Don Quijote



Sancho

"Molinos de viento"


"El Yelmo de Mambrino"


 "El Bálsamo de Fierabrás"


"El rebaño de ovejas"


Vixencia na actualidade





  

 



venres, 20 de maio de 2022

Todo está nos libros... pero hai que atopalo

 Continuamos celebrando as letras, e temos que recoñecer que, con tanta actividade, esquecéusenos achegarvos un material chulísimo que elaboramos para o Día do Libro, ou para calquera outro día, que ten que ver coa formación de usuarios... O alumnado que pasou por aquí superou os retos, aprendeu a navegar na biblio e gozou da experiencia. 

Aquí o deixamos: seguro que aínda virán máis grupos nestes días... sen tempo non foi!





martes, 26 de abril de 2022

Celebrando o Día do Libro en Madrid

O grupo de Literatura Universal e o club de lectura viaxaron este pasado fin de semana a Madrid coas súas profes de castelán e galego. Nuns días moi ben aproveitadiño, ademais de estrenar o AVE, visitaron o Museo do Prado, asistiron ao musical do Rei León, e moito máis!













luns, 25 de abril de 2022

As artes do libro: Continuamos encadernando polo mundo

 Continuamos celebrando os Días do Libro. Con esta fermosura de titorial están os compañeiros e compañeiras de Maceda mellorando a súa técnica encadernadora da man de Isidora Gil, que está realizando con eles unhas sesións de docencia do máis produtivo. Xa levamos uns aniños nesto, dentro do noso Proxecto Gutenberg, e teñen saído da nosa factoría os fantásticos titoriais "Encadernacións para manazas" que podedes visitar aquí.

Polo momento deixámosvos este material e mandamos un saúdo aos profes de Maceda que o están facendo tan ben. 



sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro 2022

Feliz Día do Libro (que son todos!). Iniciamos este tempiño tan interesante que transcorre entre hoxe e o Día das Letras Galegas. Tentaremos achegarvos nesta bitácora todas as actividades que estamos a argallar.

Hoxe deixámosvos estas fotos do expositor da biblio que xa leva uns días instalado e que mostra unha selección de "Libros sobre Libros": catálogos, guías, recomendacións, recompilacións de lugares e personaxes, atlas literarios... Todo ben interesante... E hai moito máis nos nosos andeis! Botádelle unha ollada ao noso catálogo  de "Libros sobre Libros"  e por suposto, podedes pescudar no noso catálogo xeral.






martes, 4 de maio de 2021

Quijote 2.1, quinta entrega

As nosas xemelgas de 1º Bacharelato A ofrécennos as súas versións respectivas, non as confundades!

Visita todas as entregas do Quijote 2.1 aquí!


 

Alejandra:



Aroa:



mércores, 28 de abril de 2021

Lectura Quijote 2.1, terceira entrega

 Continuamos cos nosos fantásticos vídeos do Quijote... hoxe con novidades: Don Quijote usa Whatsapp.

Entra na etiqueta Quijote 2.1 e bótalle unha ollada ás anteriores entregas.











venres, 23 de abril de 2021

Feliz Día do Libro, segunda parte!

 E como non paramos de argallar cousas, aquí vos deixamos este fantástico material de traballo elaborado polo departamento de Lingua Castelá para que todos o utilicemos na Hora de Ler e sirva como recurso no sucesivo. Que aproveite!


Feliz Día do Libro!

 "Atribulado" lector:

Neste tempo no que a realidade supera á ficción, nós, o alumnado de 1ª de Bacharelato do IES Celanova decidimos facer unha lectura nova do cabaleiro andante Don Quijote de la Mancha; é a lectura 2.1.

Así pois, aquí tendes unha nova saída de Don Quijote e Sancho, sempre co beneplácito do autor arábigo Cide Hamete Benengeli, do tradutor da historia e do sin par Miguel de Cervantes. 

Adiante, que a disfrutedes!






Deixámosvos as tres primeiras entregas para que quededes con bo sabor de boca e esteades moi pendentes do blog porque nestes días iremos partillando as demáis.







sábado, 16 de maio de 2020

A penúltima... décima entrega "En nome propio"

Hoxe, Chus Pato, Enma Pedreira, Olga Novo... e máis!!!
Pica na imaxe para velas! E se queres ver as anteriores entra na etiqueta Con/En nome propio. En breve publicaremos a última entrega da saga!