Amosando publicacións coa etiqueta KOHEANDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta KOHEANDO. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de abril de 2022

KOHEANDO: ETIQUETADO DE SINATURAS

 Despois de fichar toca etiquetar! Como preparamos as etiquetas da sinatura para imprimir? Non vos perdades este  último titorial (ata o momento) no que queda perfectamente explicado todo o proceso. E lembrade que aquí (e no apartado KOHEANDO) podedes consultar todos os nosos titoriais. Feliz fin de semana!



martes, 19 de abril de 2022

KOHEANDO: CARNÉS DE USUARIOS

Comezamos a última etapa do curso cunha nova entrega de KOHEANDO. De momento non temos intención de facer carnés físicos, pero KOHA dá esa opción, así que aquí vos deixamos este titorial por se alguén está interesado. 




luns, 4 de abril de 2022

Koheando: Préstamo e devolución

 Chegamos a un dos puntos clave do noso titorial KOHEANDO: prestar e devolver referencias. Certamente é doado con esta ferramenta, sobre todo se temos lectores láser que nos facilitarán a lectura dos códigos e farán que tardemos moi pouquiño en facer estas xestións. Que vos aproveite!




martes, 15 de marzo de 2022

Koheando: Alta de usuarios

 Hoxe, no noso titorial KOHA por entregas, KOHEANDO, aprenderemos a dar de alta a potenciais usuarios da nosa biblio.

Como todo o alumnado está xa dado de alta a estas alturas de curso, poñemos o exemplo dunha persoa externa. E  aproveitamos para recordarvos que abrimos en horario non lectivo martes, mércores e xoves de 15.30 a 17.10.

Pica na imaxe para ver o titorial!




xoves, 3 de marzo de 2022

KOHEANDO: Busca por xerarquía no OPAC público

 Supoñamos que queremos facer unha pescuda moi concreta no noso grande catálogo. Como refinala para atopar, cribados, os resultados máis idóneos? Aquí tes a resposta! Agardamos que esta entrega de KOHEANDO sexa de utilidade!




luns, 21 de febreiro de 2022

KOHEANDO: Buscando na intranet

Achegámosvos unha nova entrega do noso titorial KOHA por capítulos. 

Queres facer unha pescuda de recursos multimedia sobre un tema? Queres facer unha pescuda polo miúdo filtrando a información? Este é o teu tutorial. Agardamos que esta nova entrega de Koheando vos sexa de utilidade!



martes, 8 de febreiro de 2022

KOHEANDO

 Bo día!

Hoxe toca kohear! Aprenderemos a realizar a catalogación derivada. Agardamos que sexa de utilidade!





mércores, 2 de febreiro de 2022

KOHEANDO

 Traémosvos unha nova entrega de  "KOHEANDO". Xa sabedes que nesta sección temos a intención achegarvos recursos para aprendermos a trebellar coa nova plataforma de xestión da biblio da que xa vos falamos, Koha, e que no noso caso xa estamos a utilizar a pleno rendemento.

Hoxe, aprenderemos a realizar a catalogación directa. 



venres, 3 de decembro de 2021

Non vale parar: Migración de Meiga a KOHA. KOHEANDO!

 Andamos moi atarefadas cambiando de ferramenta de xestión. Temos que migrar toda a nosa base de datos e dá bastante traballiño.

Hoxe partillamos estes vídeo titoriais que nos fixo a Asesoría para axudarnos nesta tarefa. Ánimo e paciencia, KOHEANDO!