mércores, 23 de febreiro de 2022
23F, Día de Rosalía
xoves, 23 de febreiro de 2023
23F, celebramos a Rosalía
Chegou o día de celebrar máis ca ningún outro á nosa Rosalía. Á boa. Á de Castro.
Este ano ímosvos contar algo que ocorreu fai pouquiño, nunha excursión do alumnado de música a Santiago. Reservada a visita do Pórtico da Gloria, para admirar, sobre todo, os seus instrumentos pétreos, ocorréusenos a fermosa idea de que o alumnado recitase, in situ, o poema que Rosalía escribiu inspirada na obra "D'inmortal nome Mestre Mateo", e facer un vídeo homenaxe. Pero quixo o fado que as normas turísticas, encarnadas no persoal de seguridade, non nos permitiran realizalo, sen posibilidade de negociación.
Tamén o fado quixo que, pola tarde, cando fomos visitar o Museo do Pobo Galego, estivera aberta a igrexa de Bonaval, co seu Panteón de Galegos Ilustres. Foi alí, fronte ao mausoleo de Rosalía, onde por fin puidemos recitar o poema que levabamos preparado:
E nestoutro, todas as entradas do Día de Rosalía nesta bitácora.
Por último, a nova do día: na vila de Celanova, ímolo celebrar cun Caldiño de Gloria.
Aquí o enlace á prensa!

xoves, 6 de marzo de 2025
Algunha cousiña máis de Rosalía!
Presentamos este vídeo informal no que o alumnado de 2ºB recita a Rosalía. Que está sen preparar? Si. Que Rosalía é un valor absoluto con ensaio e sen el? Tamén!
mércores, 24 de febreiro de 2016
Celebrando a Rosalía
Feliz aniversario, Rosalía!!!
martes, 24 de febreiro de 2015
Celebramos o Día de Rosalía
E aproveitamos así para presentarlles o novo blog do noso EDLG, IES Celanova Poleiro, que se inaugura, como non, cunha entrada rosaliana.
Para máis información e recursos, visita a xenial entrada que os amigos do CEIP de Friol colgaron no seu blog, O Lar de Frianciño.
venres, 31 de xaneiro de 2025
Peza do mes de febreiro: O mes de Rosalía
Xa temos preparada a peza do mes de febreiro, como non, o mes da nosa Rosalía. Aquí vos deixamos o material informativo e en breve teremos novas sobre a presentación da peza. Que aproveite.
venres, 26 de febreiro de 2021
Recital informal do Día de Rosalía
O prometido é débeda: aquí vos deixamos o noso Recital Informal: porque calquera momento ou lugar son bos para ler, recitar e gozar da nosa Rosalía... Si, con mascarilla tamén. E con barullo de fondo. Que aproveite!
xoves, 21 de outubro de 2021
Máis escritoras
Recollemos traballos rezagados do alumnado de FPB que tamen merecen aparecer no noso blog.
venres, 22 de febreiro de 2019
E así celebramos o día de Rosalía!!!
Por certo, hoxe é o 80 aniversario da morte doutro grande: Antonio Machado, que, como el mesmo dixo, tomouna como referencia en temáticas e métricas. O dito, que gocedes do noso traballo!
A Fundación Curros Enríquez da nosa vila realiza, como cada ano, unha programación moi especial para estes días. Achegámosvos os actos principais, pero podedes entrar na súa web para máis información. Animádevos a participar!!!
xoves, 27 de febreiro de 2025
Máis Rosalía!!!! Alborada
Hoxe fixemos unha falcatruada: asaltamos a biblioteca para, con piano, gaita e pandeireta, interpretar a Alborada de Rosalía, musical e literariamente.
Foi un petisco breve que nos deixou moi bo sabor de boca!
martes, 24 de febreiro de 2026
Miña casiña, meu lar!
martes, 29 de maio de 2018
Letras Galegas no CEIP Curros Enríquez da nosa vila
Comeza cunha parte dedicada a Rosalía, na que podemos escoitar a canción de Uxía "Rosalía pequeniña" e a continuación un precioso recitado a cargo dos pequechos, e ver un montón de debuxos ben bonitos.
A continuación, uns pequenos-grandes regueifeiros fannos un resumo da vida de Mª Victoria Moreno e finalmente, preséntannos algúns dos seus libros con banda sonora de Fuxan os Ventos, que para este ano crearon unha musicalización dun poema da homenaxeada, "Lúa de Prata".
Tamén aparecen algunhas imaxes do libro "María Victoria Moreno- Mulleres Bravas da nosa Historia" de ed. Urco escrito por Eli Ríos.
O dito, que o vídeo non ten desperdicio!!!!
Aquí vos queda, a continuación, pero non deixedes de entrar no seu blog da biblio: Biblioteca Canistrel, que teñen máis cousas bonitas. Noraboa, compañeiros!
mércores, 24 de febreiro de 2021
Rosalía 2021
luns, 6 de marzo de 2017
Rosalía na nosa biblio... Sempre.
Este é o noso catálogo, xa podedes botarlle una ollada!
martes, 8 de marzo de 2016
Que ben o pasamos no teatro!!! O club de lectura vai de excursión.
Mañá completiña: primeiro, visita ao conservatorio, onde Marisol Mendive nos acolleu e nos explicou o funcionamento do instrumento órgano que nos abraiou coa súa complexidade e coa súa sonoridade. Mesmo tivemos mini concerto, da propia profesora de órgano Marisol e das nosas profes de música tocando o órgano a catro mans e catro pés.
A continuación demos un paseíño ata o centro e chegamos ao Teatro Principal, onde as nosas entradas para Variedades xa estaban reservadas. Sentámonos no patio de butacas e... a disfrutar! Pequenos fragmentos teatrais foron poñendo ante os nosos ollos diversas situacións, moitas delas reivindicativas dos problemas aos que se enfronta a sociedade de hoxe. Dende un informativo surrealista ata a historia de por que as ras lle cantan a lúa, pasando por uns parados laborais viaxeiros do tempo na percura dun traballo digno. Outros centros educativos enchían o teatro, e penso que todos saímos contentos da experiencia.
Aproveitamos o desprazamento para recitar a Rosalía alá onde fomos... os nosos recitados aparecen no vídeo homenaxe que lle adicamos no seu día. Unha experiencia completiña, completiña.
luns, 23 de febreiro de 2026
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!
Haberá moitas sorpresas ao longo do día... xa arrecende o Caldo de Gloria do que gozaremos no recreo... pero, como aperitivo, alá vai un recitado para abrir boca, a cargo do alumnado de 1º FPB e con música interpretada no piano da biblio.
Tentaremos dar cumprida conta ao longo da semana das actividades que vaiamos realizando. Feliz semana!
luns, 14 de outubro de 2024
Día das Escritoras
Hoxe é o Día das Escritoras. Por suposto, todos os días o son, pero hoxe un pouquiño máis. Iremos partillando as lecturas compartidas de textos con Voces de Muller que fixemos nalgunhas aulas: sempre é bo momento para a lectura compartida e para poñer no seu sitio á metade da humanidade silenciada. Estiveron con nós as letras de Chus Pato, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Gloria Fuertes, Leonor de Aquitania, Alfonsina Storni... e moitas máis!
Feliz día!
sábado, 24 de febreiro de 2018
Na frente unha estrela...
Aquí podedes ver tódalas entradas do blog nas que a mencionamos dalgunha maneira, e lembrade que o noso catálogo rosaliano da biblio e ben completo. Feliz día e boa fin de semana!
mércores, 13 de maio de 2020
Oitava entrega... hoxe "En nome propio"
Pica na imaxe para velas a todas!
martes, 19 de maio de 2020
Banda Sonora Letras Galegas 2020: Homenaxe a Negra Sombra
Propoñémosvos como banda sonora das vosas lecturas desta semana estas homenaxes a Negra Sombra compostas polo alumnado de Linguaxe e Práctica Musical (1º bacharelato): sobre a base harmónica da musicalización de Xoán Montes do poema de Rosalía, o alumnado elaborou os seus propios arranxos, instrumentacións e novas melodías co editor de partituras Musescore. Que aproveite!!!




.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

