mércores, 5 de novembro de 2025

Aprendendo coas mellores sobre a Tabula de Castromao

 Hoxe Belén Canal Alonso e Purificación Rodríguez García, expertas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, xunto con César Llana, o director, viñeron ao Ies. Encantadas de recibilas, porque nos agasallaron dúas sesións interesantísimas nas que o alumnado de 1° Eso aprendeu de primera man sobre a Tabula de Castromao. Este alumnado encargarase de homenaxear próximamente a un dos descubridores da peza, da man da súa profe de historia, Noelia Domínguez. 

Millóns de grazas a unha institución de semellante prestixio como é o MusarquOurense por esta oportunidade!!! Non esquecemos a formidable axuda que nos levades prestando nos últimos anos na nosa formación museográfica para o profesorado enmarcada nesta campaña do Fogar das Musas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario