Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta piano. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta piano. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

venres, 16 de xaneiro de 2026

Concerto didáctico de piano "Sobre la inspiración en el arte". María José Cid.

 



Xa podemos contarvos que o venres 23 teremos na biblio unha visita moi especial. Como somos O Fogar das Musas, Euterpre, a musa da música é unha habitual aquí.

Desta vez a encargada de darlle vida ao noso piano será María José Cid, que xa é a segunda vez que nos visita. Achegamos currículum e programa: veredes que é un auténtico luxo tela con nós... Desta vez o afortunado público será o alumnado de 2ºESO.




MARIA JOSE CID


María José Cid, pianista e doutora pola Universidade de Vigo e Catedrática de piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

É artista polifacética e abordou diferentes ámbitos ao longo da súa carreira: a interpretación, a docencia e temas relacionados co desenvolvemento persoal.  Ademais imparte cursos sobre manexo do stress en diferentes Conservatorios europeos e na UNED. Ten unha dobre licenciatura en Piano e Música de Cámara en Galicia e estudos de jazz en Barcelona durante 2 anos.

Interésase por diferentes estilos musicais. Perfeccionou a súa calidade de interpretación pianística con Ludovica Mosca e Luiz de Moura Castro, traballando tamén con Alicia de Larrocha, Cecilio Tieles, Anna Jabstrebska, Branca Uribe, Alain Motard etc. Recibiu o Diploma de Interpretación de Piano de Guildhall School con High Honours. Tamén exerceu como pianista acompañante e deu concertos como solista en España, Suíza e Portugal. Entre os seus últimos proxectos deu varios concertos a 4 pianos e orquestra e tamén actuou co dúo de violín e piano Quintillán - Cid . Ademais impartiu cursos sobre stress management nas Universidades portuguesas do Minho e Aveiro, no Conservatorio F.Bonporti , en Trento e na University of Arts en Tirana e no Conservatorio de Gallarate e na University of Arts de Zagreb





mércores, 29 de marzo de 2023

Hoxe é o "Piano Day", e celebrámolo cunha gran nova!

 Pois si, hoxe é o Piano Day porque o 29 de marzo é o día 88º do ano (como as 88 teclas do piano). 

Celebrámolo co anuncio de que xa temos data para a inauguración oficial do noso fantástico piano histórico, e de que xa vos podedes apuntar ao concerto que ofreceremos a todo o público que queira vir.

Será un concerto colaborativo onde participaremos todos os que teñamos ganas de tocar, profesorado, alumnado e, se quere, calquera membro da comunidade educativa.

Como di no cartaz, avisade ás profes de música ou apuntádevos na aula. Non vimos a tocar cousas complicadas, nin a competir, nin a poñernos nerviosos, vimos a pasalo ben e gozar da música todos xuntos! Animádevos! Feliz día do piano!



venres, 3 de novembro de 2023

O luns, música na biblio: concerto de clarinete e piano

O vindeiro día 6 de novembro teremos unha nova experiencia musical na biblio. Desta volta, a clarinetista emerxente Estela Rodríguez interpretará un espectacular programa co que está a facer unha minixira.

Estela está finalizando os seus estudos profesionais de clarinete no CMUS Ourense, e xa ten sido recoñecida con algúns premios nacionais e internacionais. 

Ao piano, Purificación Iglesias, fantástica pianista e directora do conservatorio de Ourense, titulada superior en piano e música de cámara e completando a súa formación en Barcelona e Ginebra.

Deixámosvos o programa que todo o alumnado de 3ºESO, e o alumnado de 4ºESO da optativa de música, escoitarán o luns  de 16.30 a 17.15.

Máis información:

Crussell

Kovács

Weber

André Messager




luns, 23 de outubro de 2023

Cine mudo na biblio... un pouco de contexto.

Non esquezades que o mércores ás 18.00 temos unha cita co noso piano de cola que sonorizará, cos dedos da profe de música, unha fantástica peli pola que non pasan os anos... Sorpresa! Só vos diremos que ten 105 anos e que vos vai sacar algún que outro sorriso.

O cine mudo sonorizado en directo ten a gracia das máquinas do tempo: lévanos ao pasado, cando un humilde pianista tiña que sacar adiante a proxección improvisando ou tocando moitas veces (pero con distinto xeito) as poucas partituras que tiña. A música servía como acompañamento, como contexto ou como nexo ás distintas partes do film, e tamén para ocultar o ruído que o equipamento de proxección facía daquelas. Mesmo nalgunhas grandes salas, por exemplo no Cine Fraga en Vigo, en vez de piano había un órgano de tubos, que permite formidables efectos sonoros.

Na bitácora "En blog de plata", dedicada ao cine, explica así de ben o contorno no que se desenvolvía aquel espectáculo:


"Para rastrear los inicios de la música en el cine debemos remontarnos a comienzos del siglo pasado —comienzos del XX pero también los últimos años de la década de 1890—, a la explosión tecnológica y científica de aquellos momentos en los que los hermanos Lumière y George Méliès hacían su magia, en todos los sentidos. Pocas composiciones han sobrevivido de este período, pero no por ello desconocemos el uso que se le daba por aquel entonces a la música, recurso imprescindible en las salas donde se proyectaban las películas que precedieron al sonoro.

Pese a la ausencia de sonido en las películas, la música cumplía una curiosa función más allá de la de ambientar al espectador: era una herramienta muy útil a la hora de ocultar el sonido producido por el proyector, que distraía la atención del público. Era habitual escuchar a músicos tocando en vivo, especialmente pianistas. Las salas más modestas contaban con un fonógrafo, y en algunos casos incluso disponían de una orquesta sinfónica o un coro, situados tras la pantalla.

Esta música era improvisada, aunque los intérpretes también recurrían a partituras de música clásica o propias del repertorio teatral. Dado el éxito de el cine como nueva forma de entretenimiento estas distintas melodías fueron almacenándose en catálogos, conformado la llamada música de photoplay; eran los propios músicos quienes enviaban las partituras que debían acompañar a cada film. Todo esto fue habitual hasta la llegada de las composiciones originales para películas, siendo la primera de ellas la que realizó Joseph Carl Breil para El nacimiento de una nación, de Griffith.

La música en el cine mudo se utilizaba para crear un tema asociado a los personajes principales o a situaciones argumentales, y el público podía identificar las distintas melodías cada vez que se repetían o variaban. Además, se empleaban diversas secuencias armónicas para representar los diferentes estados de ánimo presentes en la cinta. Todos tenemos en mente algún fragmento de Chaplin o Keaton, e incluso de la Disney primigenia, en los que un alegre personaje —alegre por su rostro, exceptuando claro está a Keaton, pero también por el hilo musical que acompaña al fragmento en nuestra cabeza— camina con aire grácil hasta que su felicidad se ve truncada por un suceso X, al que acompaña una música muy distinta… ¿verdad?

Sobre las distintas secuencias armónicas surgían las improvisaciones, marcando así efectos visuales como golpes, caídas o carreras. Pero no solo de comedia vive el cinéfilo, y esta música también podía servir para crear tensión más allá de la comedia. Sí, podemos pensar perfectamente en Murnau y en como la música y los efectos de sonido han condicionado casi por completo la experiencia del espectador en las películas de terror hasta nuestros días."





xoves, 12 de xaneiro de 2023

A nosa biblioteca, un pouco máis especial e máis musical ca nunca!

Por fin está con nós a nosa última adquisición: o complemento perfecto para a biblio e un fogar inmellorable para este piano histórico. Si, como ledes, o histórico piano do Café Latino está xa no seu emprazamanto definitivo. Polas súas teclas pasearon mans como as de Michel Camilo, Patricia Barber, Chano Domínguez, Abe Rábade ou recentemente Hiromi. 

A música fai a nosa vida máis feliz, a nosa lectura máis placentera e a nosa comida máis saborosa! Tentaremos organizar unha inauguración á altura das circunstancias, pero polo momento aquí vos deixamos testemuño fotográfico e audiovisual.










 


venres, 22 de maio de 2026

Inesquecible concerto de Álvaro Sieira.

Aquí vos queda o testemuño audiovisual do concerto de onte. Unha fermosura de obras, sensacións, atmosferas e toda a sensibilidade do mundo que Álvaro nos trasladou dende as teclas do piano.

O acto comezou cunha breve presentación do programa a cargo do alumnado de oratoria de 3ºESO para comprender un pouco mellor o que iamos escoitar. Aquí vos deixamos as notas ao programa que eles presentaron, e que foi esta marabilla:

PROGRAMA
Johannes Brahms
Seis piezas para piano, Op. 118
Intermezzo en la menor
Intermezzo en la mayor
Balada en sol menor
Intermezzo en fa menor
Romanza en fa mayor
Intermezzo en mi bemol menor

Isaac Albéniz
Suite Iberia
El Corpus Christi en Sevilla
Almería

Enrique Granados
Goyescas
Quejas, o la maja y el ruiseñor

Millóns de grazas, Álvaro! Na Semana das Letras, atopamos en ti un "bo e xeneroso" que nos deixou abraiados co seu bo facer.


















xoves, 18 de maio de 2023

Hoxe inauguramos o noso piano!

 Chegou o día! Hoxe ás 19.00 estades todos e todas convidados a escoitar un concerto colaborativo que inaugurará o noso piano nesta Semana das Letras, e que, agardamos, sexa o primeiro de moitos máis.

As que levan moito tempo tocando, as que levan pouco, profes, alumnado... todas as persoas amantes da música teñen cabida hoxe na nosa biblio para gozar da música en directo neste espazo senlleiro.

Agardámosvos! E deixámosvos a versión dixital do programa de man para que vaiades abrindo o apetito. 









luns, 8 de maio de 2023

luns, 11 de maio de 2026

Atención! Na Semana das Letras, volve a música á biblio: Álvaro Sieira, Piano

 Porque na nosa terra hai moito talento, aquí vos traemos unha mostra: un pianista novo que xa demostrou polo mundo adiante a súa valía, ofrecendo concertos por toda a península, San Marino, Bolonia ou Londres.

É un luxo ter a Álvaro Sieira (Boiro, 1993) na nosa biblio, facendo soar no piano a Brahms, Granados e Albéniz. Apuntade na axenda! Día 21 de maio ás 18.45. E tamén podedes botarlle un ollo a esta entrevista tan interesante.





venres, 19 de xuño de 2026

Concertazo Fin de Curso: Mary Valugo&Mino + Susy's Little Band

Co aforo completo dun público que gozou moito do concerto, pechamos as actividades da biblio (por este curso!). Foi especialmente emocionante a gran participación da comunidade educativa: profesorado, alumnado, amigos colaboradores da vila e de fora... Un luxo contar con tanta boa xente! 

Comezamos cunha versión actual de Putting on the Ritz, popularizada por Fred Astaire ou Ella Fitzgerald a cargo dunha formación deseñada para a ocasión: Susy's Little Band, con Susana de 3ºA na voz, Jose Antonio Fidalgo ao clarinete, gran músico xa coñecido noso doutras actuacións (e pai de exalumno) e Irma, a profe de música, ao piano.

Introducido o asunto, continuamos co groso do concerto: unha magnífica selección de temas do proxecto acústico da profesora de música Mary Valugo (ao piano) co cantautor Mino ás voces, guitarra e harmónica. Ofrecéronnos temas propios e versións moi ben escollidas, como Like a Rolling Stone, de Bob Dylan. Este último tema, como peche do concerto, contou coa colaboración de varios profes: Castor, na guitarra, Lola, na voz e Iván, Ana, Yannick e Irma na percusión. Neste tema rítmico axudounos tamén o noso querido alumno Fabio. 

Despedimos o curso con moita enerxía!

Deixamos testemuño audiovisual que tentaremos ir ampliando.











mércores, 31 de maio de 2017

Actividade escolar ou vulneración dos dereitos de autor?

Como sabedes, clausuramos a nosa anterior campaña De Cine cunha sonorización en directo da película de cine mudo “Unha vida de can”. A música, se recordades, foi interpretada polo alumnado de música de 4º da ESO e foi unha escolma de grandes sonoras que estudamos e interpretamos, a modo de actividade formativa para nós e de homenaxe aos grandes compositores de música de cine. E así tamén a demos a coñecer ao noso público, que foi o resto do alumnado.

O acto foi o 21 de decembro de 2016, e os intérpretes, como dixemos, 7 alumnos da optativa de música de 4ºESO tocando frautas e percusión e a profesora tocando o piano. Evidentemente as partituras das grandes bandas sonoras estaban adaptadas ao instrumental escolar. Foi un espectáculo moi chulo: moitos dos alumnos non viran nunca unha película de Chaplin, e menos muda!

Á volta das vacacións aproveitamos para montar o vídeo enteiro co audio gravado en directo para poder compartir a nosa “obra mestra” no noso canal youtube Biblio Poleiro e que a visen alumnos, país e resto de comunidade educativa.

Aquí ven o problema: o noso vídeo foi retirado. A banda sonora da película dunha coñecida película sobre o holocausto tivo parte da culpa: a nosa versión escolar para frautas e piano vai contra os dereitos de autor da súa BSO. Efectivamente, e como podemos ver na captura de pantalla da notificación, en dúas ocasións interpretamos un fragmento do tema principal desta banda sonora. E debémolo de facer moi ben!




Así pois, a nosa peli non se puido ver no canal. Vaia por diante que a película enteira na súa versión orixinal está a disposición de calquera usuario de youtube. A causa da retirada do vídeo e o feito de que non se poida ver en 43 países, entre eles o noso, é a denuncia por ir en contra dos dereitos de autor da banda sonora.

Escribimos á plataforma coa nosa queixa, que en resumo era unha pregunta:

Por que as grandes empresas de audiovisual se meten nestas pequeneces cando o que se fai dende un centro educativo é formar ao alumnado integralmente, e neste caso na música e o cine de calidade, preparando un potencial público con criterio que valore a cultura? De verdade as grandes multinacionais están preocupadas de que tomemos prestadas sen lucro as súas imaxes ou a súa música? Imos acabar co seu gran negocio?

Por sorte, a ver se nos dura, atopamos a maneira de difundir a nosa peli con música a través doutra plataforma... así que encantados de compartila con vós!!!



xoves, 15 de maio de 2025

Os nosos pianistas, polo mundo adiante.

 Non queremos deixar de agradecer á EMBC o seu convite para que o noso alumnado pianista participara na súa audición de fin de curso, no Auditorio Ilduara. 

Como sabedes, a chegada do piano de cola á biblioteca desatou entre o alumnado unha afición a este instrumento que atendemos nas nosas horas de lecer e que nos leva dado moitas sorpresas, e moi bos momentos musicais. Que ben que os nosos novos pianistas vaian gañando experiencia e "collendo táboas", como se di no gremio!

O dito, millóns de grazas á EMBC, na persoa de Sara Fernández, a profe de piano da escola, por darlle esa fantástica oportunidade á nosa rapazada, e parabéns aos que se animaron a tocar nese escenario novo para eles: Daniel Fernández, Samuel Gálvez e Alejandro Quintas.













venres, 31 de maio de 2024

O noso piano... preparándose para os eventos de final de curso.

 O noso piano está na súa fase de mantemento, como merece.

Tras unha limpeza da caixa e das cordas, tivo lugar a regulación do mecanismo para facer o toque máis preciso, e, dentro duns días, recibir a afinación definitiva para que estea perfecto un bo tempiño.

Grazas a Pedro Millán por deixarnos tomar unhas fotos do proceso.







xoves, 21 de maio de 2026

Hoxe!!!! Non o perdades: Concerto na Biblio. Álvaro Sieira ao piano

 



PROGRAMA


Johannes Brahms

Seis piezas para piano, Op. 118

Intermezzo en la menor
Intermezzo en la mayor
Balada en sol menor
Intermezzo en fa menor
Romanza en fa mayor
Intermezzo en mi bemol menor


Isaac Albéniz
Suite Iberia

El Corpus Christi en Sevilla
Almería

Isaac Albéniz
Chants d’Espagne, Op. 232
Córdoba


Enrique Granados
Goyescas

Quejas, o la maja y el ruiseñor


Deixámosvos tamén aquí as notas ao programa, que presentará o alumnado de oratoria de 3ºESO.

Vinde gozar da música!




luns, 23 de febreiro de 2026

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

 Haberá moitas sorpresas ao longo do día... xa arrecende o Caldo de Gloria do que gozaremos no recreo... pero, como aperitivo, alá vai un recitado para abrir boca, a cargo do alumnado de 1º FPB e con música interpretada no piano da biblio.

Tentaremos dar cumprida conta ao longo da semana das actividades que vaiamos realizando. Feliz semana!




mércores, 17 de xaneiro de 2024

Longa Noite de Pedra

 Continuamos poñendo en valor o noso contorno, desta vez cun pequeno experimento sen ínfulas de gran produción cinematográfica pero que nos permitiu acoller as letras de Celso Emilio cunha dose de realidade: integrando un recitado "colaborativo" do texto Longa Noite de Pedra, a cargo do alumnado de 1º FPB, cunhas imaxes da celda onde estivo pechado o noso poeta tomadas por Carlos Alonso. A música, un imprescindible: Negra Sombra, interpretada no piano da biblioteca pola profe de música.

Agardamos que vos guste.

Black and White Retro Countdown Video de Biblio Poleiro

venres, 20 de xaneiro de 2023

Xa podedes vir á Sala Gótica!!!

 Xa está aberto ao público o noso novo espazo, a Sala Gótica, á que chamamos así polo fermosísimo arco que a preside.

Aloxa pelis, hemeroteca, banda deseñada e libro ilustrado, ademáis da exposición "A escola de antonte", e como vos comentamos fai un par de días, a placa das Escolas da República cedida por Baldomero Moreiras e o Comité de Memoria Histórica Comarca de Celanova.  Accederemos pola súa propia porta, como vedes nas imaxes, no alto da escaleira de madeira, e xa podedes vir nos recreos e no horario de apertura extraescolar (martes, mércores e xoves de 15.30 a 17.10).

Aquí podedes ver o álbum de fotos da súa evolución, logo de todas as intervencións que levamos feito nos últimos meses. Neste álbum aparecen tamén os outros espazos que temos ido habilitando para facelos máis acolledores e eficientes para coas nosas necesidades.

Aquí podedes ver outras entradas desta bitácora relacionadas coa ampliación da biblio:

O noso novo piano.

As ampliacións, na prensa: "O Poleiro extiende sus alas".

Resumo das intervencións.


Agardamos que utilicedes e gocedes deste emprazamento senlleiro do que temos a sorte de dispoñer!









xoves, 16 de outubro de 2025

O Concerto da Paz... Música, poesía e emoción!

 Ben fermoso quedou o Concerto da Paz organizado onte na biblio. O son do piano, con obras de Einaudi, Tchaikovsky, Debussy, Grass, etc., alternou coa lectura de poemas a cargo do alumnado de oratoria, pedindo a PAZ, o cese das inxustizas, da ignorancia e dos fundamentalismos. 

Como di o noso Celso Emilio, 

"...agardarei

polo albor do novo día."








Alá van unhas fotos, a reportaxe audiovisual tardará un pouco máis.

Pianistas: Samuel, Alejandro, Irma , Mary.

Recitadoras: Darleky, Zoe, Marisol, Álvaro e Saray.

luns, 22 de maio de 2023

Un concerto inesquecible!

 A tardiña do pasado xoves 18 foi unha experiencia para non esquecer. O noso piano , chegado en xaneiro,  abraiou nas mans do seus intérpretes... Un aforo ideal, un programa ben fermoso e moi variado, e as emocións a flor de pel. E a continuación unha visita ás ampliacións da biblio que non deixou a ninguén indiferente.

Sen palabras.

Aquí vos deixamos todo o testemuño gráfico e audiovisual e a recensión en prensa de Laura Fernández.


Pica para acceder ao album completo! De novo, igual que o vídeo, grazas ao fantástico traballo do noso compañeiro Carlos Alonso Abad.




Pica para ler o artigo completo!