mércores, 18 de xaneiro de 2023

A placa orixinal restaurada das Escolas da República xa está con nós.

O Comité de Memoria Histórica Comarca de Celanova achegouse ao IES o 30 de setembro para darnos unha fermosa noticia:  a placa orixinal restaurada das Escolas da República, pertencente á familia de Baldomero Moreiras, ía estar custodiada aquí para que puidera estar exposta e fora visitable para a veciñanza. E como o prometido é débeda, xa está con nós.

Aquí podedes ver o texto completo no que o colectivo, a través da súa web, anunciaba esta (e outras) cesións das que xa vos informaremos, e polas que nos sentimos moi obrigados.

Polo momento, aquí vos deixamos unhas imaxes do emprazamento da placa, no novo espazo da biblioteca.






Ningún comentario:

Publicar un comentario