martes, 22 de outubro de 2024

O noso claustro, en proceso de renovación!

 Xa levamos uns meses con esta obra titánica que supón mudar todas as fiestras co gallo da eficiencia enerxética.

É un proxecto enorme, en traballo e tamén en presuposto, co permiso de Patrimonio, por suposto, e seguindo todas as súas consignas de respecto a este BIC. Estanse substituíndo 237 fiestras, 18 portas balconeiras e 5 portas de entrada.

Así recollía a prensa a nova da adxudicación: 





Durante a realización do proxecto están xurdindo algunhas dificultades: é tal a variedade arquitectónica que moitas estruturas hai que facelas a medida, é dicir, que non chega con facer un modelo para todas as substitucións: temos arcos de medio punto, arcos de medio punto rebaixados, arcos apuntados, arcos carpaneis e mesmo un arco conopial.

Así que en Debuxo Técnico están traballando con este material de creación propia para aprenderen a trazar calquera tipo de arco que se lles poña por diante, para que realmente a intervención sexa "a medida". Aquí volo deixamos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario