xoves, 24 de outubro de 2024

Feliz Día das Bibliotecas!!!! Partillamos visita especial...

 Feliz Día das Bibliotecas (por moitas razóns)!!!!

Unha delas é que nas bibliotecas pasan cousas bonitas. Onte, por exemplo, ocorreu algo xenial.

O presidente da SGXX (Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría ), Jose María Faílde, visitounos cun grupo de expertos en xeriatría e xerontoloxía, entre eles Ana Canelada e o demógrafo Michel Poulain, o especialista que "acuñou" o termo Blue Zone.

Que é unha Blue Zone? Pois unha distinción que outorga un comité científico internacional aos territorios con maior esperanza de vida.

A outra boa nova podédela imaxinar: están visitando Celanova porque Galicia pode converterse na primeira rexión española e a sexta do mundo en contar cunha Blue Zone. O seu traballo de campo arroxa resultados moi positivos para chegar a bo termo.

A prensa recolle 

O equipo de traballo que nos visitou é un comité internacional formado por verdadeiras autoridades na materia. A propia Ana Canelada deixounos moi amablemente un enlace á súa tese doutoral, pioneira neste eido.

A prensa tamén recolle estas boas novas:

"Galicia está a un paso de convertirse en la sexta Blue Zone del mundo"

"Ourense, laboratorio gallego de la longevidad" , do que destacamos este párrafo: "De los 66, un total de 47 están en la provincia de Ourense, más del 70%, con lo que la mitad de municipios ourensanos podrían entrar dentro de esta declaración. Están concentrados en las comarcas de Celanova, O Ribeiro y Terra de Caldelas, principalmente."

"La Diputación ayudará a declarar Ourense como "zona azul de longevidad"

Quedámonos con este formidable consello para a vida que Michel dirixe á xuventude:

"A los jóvenes les digo que dejen las pantallas y no se olviden de vivir y de amar" (Michel Poulain). 

Michael Poulain coa bibliotecaria de turno


E que non se nos esqueza un achado de fai un uns meses que aborda a lonxevidade no noso contorno.


Ningún comentario:

Publicar un comentario