luns, 22 de abril de 2024

O Comité de Memoria Histórica de Celanova, na biblio

Hoxe tivemos a grandísima sorte de contar con uns invitados de excepción na nosa biblio: Os representates  do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, conversaron co alumnado de 1º de bacharelato que están a traballar nun roteiro no que a memoria e a reparación serán as protagonistas. O intercambio de impresións foi tan interesante que extendeuse unha sesión "extra" a maiores do horario previsto. Hai oportunidades que non poden deixarse pasar!

 







Como sabedes, creamos este taboleiro de contidos para aglutinar todos os traballos que estamos realizando nesta dirección, e chamámoslle "Centro de Interpretación Virtual da Memoria Histórica de Celanova". Ogallá funcione a idea!

Deixamos imaxes da tertulia, que xa está dando os seus froitos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario