Si, todos os días o son, pero neste Día visibilizamos o noso amor pola lectura e polos (cecáis) mellores compañeiros de vida: os libros.
Os diversos departamentos están a facer actividades. Aquí, na biblio, puxemos unhas caixiñas temáticas para ofertar seleccións literarias sobre aventuras, terror, xénero negro, amor ou a nosa xa tradicional "Cita a cegas" ou Libro Tinder... E unha dedicada ao Quixote nos seus diversos formatos (orixinal, banda deseñada, musical...)
Tamén expuxemos algunha creación literaria do noso alumnado, que supervisado polo profesorado correspondente, vaise animando na escritura.
O dito: Feliz día e boa lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario