xoves, 26 de outubro de 2023

Unha viaxe no tempo ben bonita... co noso Biblio Cine!!!

Estivo ben entretida a peli sonorizada en directo da que gozamos onte! Unha obra mestra co gran Charles Chaplin en pantalla, chea de valores e de humor. Desfilaron polo piano obras coñecidas da música culta e bandas sonoras dos grandes clásicos do cine. Así foi o noso xeito de celebrar o Día das Bibliotecas, que como sabedes foi onte.

Durante o curso agardamos repetir actividades na biblio fora do horario lectivo para que toda a comunidade educativa e veciñanza da vila poda visitarnos e participar delas. Quedades convocados!

Deixámosvos un anaquiño de vídeo cortesía da profe Verónica Antúnez. Graciñas!






Ningún comentario:

Publicar un comentario