mércores, 25 de outubro de 2023

Aniversario Disney!!!

 Xa podedes visitar o noso expositor Disney!!! Pelis e algún libro que outro representan a grande historia da produtora, que dalgún xeito ou outro pasou polas nosas vidas nalgún intre: 100 anos dan para moito!



Deixámosvos o enlace directo á Lista Disney que elaboramos para que consultedes todos os fondos que temos na biblio.

Tamén vos deixamos este enlace con información sobre a persoa de Walt Disney, e estoutro, sobre a compañía, que botou a andar o 16 de outubro de 1923.

Hoxe, dentro dun ratiño, teremos a nosa sesión de cine mudo sonorizado en directo ao piano... Como non, soará algunha banda sonora desas que todas coñecemos. Parabéns, Disney, polo teu aniversario!








Ningún comentario:

Publicar un comentario