Estamos encantadas de informarvos de que o noso proxecto Publigualdade/Cómprame a Igualdade volveu a ter recoñecemento externo, desta vez da man da Coordinadora Galega de ONG, que por primeira vez convocaba o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global.
Xa sabedes que Publigualdade/Cómprame a Igualdade foron campañas de concienciación subsidiarias da campaña de lectura da biblio Voces de Muller, e foron recoñecidas fai uns meses co primeiro premio Galicons-net dos Plans Proxecta da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Consumo.
Desta volta acadamos a fase final do concurso, o que para nós é un grande triunfo dado que este premio supón unha fantástica iniciativa que pretende "recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto". Esa é precisamente a nosa idea da educación.
Parabéns aos gañadores, pendentes de confirmación definitiva, e á organización do certame por tan boa iniciativa. Que continúe moitos anos máis!
EDITADO!
Así o recolle a prensa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario