Nos tempos que corren, estamos encantados de anunciarvos esta boa nova, que nos enche de satisfacción. O brazo activista da campaña da biblio "Voces de Muller", "Cómprame a Igualdade", co seu último proxecto "Publigualdade", vén de recibir o primeiro premio da modalidade Galicons-net dos Plans Proxecta, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Como sabedes, todo o realizado neste ámbito atópase no blog comprameaigualdade.blogspot.com , por exemplo, o produto estrela da campaña 19-20: un vídeo colaborativo en tres entregas realizado no confinamento no que se sintetiza o aprendido sobre publicidade ética libre de estereotipos.
A prensa recolle información sobre o proxecto, e nós celebramos que unha vez máis o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro aparece nos periódicos polas súas boas prácticas.
Parabéns ao alumnado e ao profesorado participante!
Pica na imaxe e accede á reportaxe completa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario