Este curso vén condicionado pola experiencia colectiva- e mesmo global- que estamos a vivir. Marca un punto de inflexión e de reflexión na nosa tarefa. Máis ca nunca evidénciase a necesidade de orientar o noso traballo de cara á recuperación de equilibrios.
Certo é que sempre foron precarios, mais agora aparecen como brutalmente perdidos: equilibrios ecolóxicos, sociais e da propia cultura occidental que parece abalar á beira do novo milenio que se abre ante nós, non xa como horizonte, senón coma un cavorco certamente sombrío. Fronte a estes desequilibrios a nosa clientela -o alumnado lector e nós mesmas- tamén procuramos un territorio firme que nos evite perder pé. De aí que, cando ollamos arredor e percibimos a realidade distópica, renomeada como “nova normalidade”, nos decatásemos de que… todo estaba xa nos libros.
Recordamos que Aldous Huxley xa escribira “Un mundo feliz” en 1932, pero tamén vemos de que do cultivo da conciencia, a intelixencia e a emoción -todo está nos libros- poden chegar as solucións. Ciencias, artes, espírito crítico e cívico foron ao longo da Historia os centros de gravidade que facilitaron o achado de novos equilibrios colectivos e individuais en tempos de crise, tamén na do COVID-19. Esta tivo carácter sanitario, e velaí a razón de pensarmos nos coidados: individuais (“mens sana in corpore sano” un programa do centro de gran aceptación) e colectivos, introducindo unha dimensión socioecolóxica ao ollar desde unha perspectiva planetaria. En definitiva, o lema para a nosa nova campaña de dinamización 2021 vén sendo tanto a expresión dunha incógnita como a dun desexo.
Un mundo feliz? Coidando o corpo, a mente e a Terra.
Debaixo deste título agárdannos lecturas distópicas e utópicas, navegacións pola realidade
sociopolítica, pola historia da Medicina, investigacións sobre o cambio climático ou a perda da
biodiversidade, e un amplo campo de experimentación coas propiedades curativas da Filosofía e das
Artes. Material de lectura e núcleos de interese non nos han faltar.
sociopolítica, pola historia da Medicina, investigacións sobre o cambio climático ou a perda da
biodiversidade, e un amplo campo de experimentación coas propiedades curativas da Filosofía e das
Artes. Material de lectura e núcleos de interese non nos han faltar.
Oxalá a nova normalidade nos sexa propicia.
Podedes seguir as publicacións da campaña na etiqueta "Un mundo feliz?"
Ningún comentario:
Publicar un comentario