martes, 26 de xaneiro de 2021

Premio da RAG para un cole público da nosa provincia: o CEIP Saco e Arce de Toén

Dedicamos esta entrada aos nosos veciños do cole de Toén por ser un dos centros gañadores do concurso convocado pola RAG "Contádenos o voso día das letras galegas", xunto cos colexios Juan Fernández Latorre de A Coruña e Marcos da Portela de Pontevedra.

A través do seu blog da biblio Bloguesquío, do que nós temos sacado ideas moitas veces e que xa leva moitos anos en activo, podemos albiscar o seu bo facer e a biblio tan activa que teñen. Non é casualidade que o blog fora recoñecido co Selo de Boas Prácticas Leer.es en 2015. Nesta entrada informabamos dende a nosa bitácora desa gran noticia. 

As actividades para a celebración do Día das Letras 2020 foron variadas: Debuxaron, buscaron a rúa Carvalho Calero de Ourense con Google Maps, contaron contos, e moito máis. Todo ese traballo, en condicións de confinamento e realizado con grande implicación de profesorado, alumnado e familias, foi recoñecido e valorado como merecía. Parabéns!


Preme na imaxe e entra en Bloguesquío!




Ningún comentario:

Publicar un comentario