luns, 23 de marzo de 2026

O noso díptico da memoria

 Non paramos! Por fin, otro traballo en curso rematado para podelo mostrar na Feira Educativa e, por suposto, que pase a engrosar a lista de materiais informativos autoproducidos...

O Equipo da biblio e o Departamento de Historia levabamos tempo argallando un material sinxelo e resumido que informase sobre o relativo a Memoria Histórica en Celanova e tamén no noso propio centro, e que nos axudase a dar a coñecer o noso Centro de Interpretación Virtual da Memoria Histórica. 

Finalmente, aquí o temos! Un resumo que invita a afondar neste camiño de verdade, xustiza e reparación. Premede na imaxe para acceder ao documento completo, en formato imprimible.



Ningún comentario:

Publicar un comentario