Uns días de tolos pero moi proveitosos e divertidos. Así de bonita quedou a nosa caseta da feira e así de ben o pasamos: explicamos, recitamos, cantamos, amizamos, tocamos o piano, saudamos ás autoridades e inspirámonos moitísimo. Tamén, coidamos, servimos de inspiración: somos o Fogar das Musas.
Pola nosa casa pasaron pianistas, cantantes e recitadores espontáneos, curiosos, pescudadores de información e mesmo influencers (en realidade, un formidable experto en comunicación, grazas, Roberto Pérez Marijuán, @robervigo). E tamén persoas que moi amable e voluntariamente se brindaron a deixarnos as súas inspiracións escritas nun post it... Mellor vos deixamos as imaxes, que o din todo.
Por certo, grazas ao alumnado de Dual e oratoria que nos axudou e acompañou nesta nova experiencia.









Ningún comentario:
Publicar un comentario