martes, 10 de xuño de 2025

A nosa Carmen de Burgos sae de paseo



Baldomero Moreiras, o noso veciño, grande artista e que sempre nos bota unha man cando llo pedimos, vai facer unha exposición o vindeiro domingo do seu gran proxecto, O Eco das Amazonas. Se picas na imaxe de prensa podes ver a nova completa.

Xa vos temos falado del, e é que na biblio temos a grande ledicia de ter a Carmen de Burgos, unha fermosa obra de arte en forma de esfera dedicada a esta muller senlleira, igual que o resto da colección, que consiste precisamente en obras esféricas adicadas a pintoras, exploradoras, escritoras... e un longo etcétera.


Ningún comentario:

Publicar un comentario