xoves, 12 de xuño de 2025

A Asociación de Amigos do Órgano "Un Rato no Tubo" doounos a súa primeira publicación

 "Un Rato no Tubo", a Asociación de Amigos do Órgano de Ourense, fíxonos chegar a súa primeira publicación, cuxa portada amosa os mascaróns do órgano de Celanova. Titúlase "El mundo del órgano en Ourense. Una herencia cultural", con autoría da presidenta da asociación Marisol Mendive.

Esta asociación cultural leva máis de 10 anos relizando actividades en favor do mundo do órgano e do patrimonio en xeral e quixo reflectir este camiño cunha publicación moi amena, con imaxes e moita información sobre actividades, órganos, concertos didácticos e moito máis. Teñen unha finalidade ben semellante á nosa: defender o patrimonio e dalo a coñecer.

O IES Celanova ten colaborado asiduamente con Un Rato no Tubo a través das profesoras de música, que como sabedes, son organistas. Dende aquí enviámoslle ao Rato todo o noso agradecemento pola súa labor e por ternos en conta.

O libro pódese ver íntegramente na web da asociación, neste enlace.




Ningún comentario:

Publicar un comentario