venres, 2 de febreiro de 2024

Observa_Acción: preparados para acoller ao profesorado de Castela e León

 Levamos xa un tempiño preparando esta actividade do programa Observa_Acción, no que nos mergullamos o curso pasado. Agora, na terceira fase, acolleremos a dous centros visitantes: O IES Padre Sarmiento, de Villafranca del Bierzo, e o IES Andrés Laguna de Segovia, que pasarán dúas xornadas con nós.

Deixámosvos un par de documentos que presentamos en pasadas reunións virtuais para que nos foran coñecendo, e hoxe xa temos todo preparado para, o luns, recibilos en persoa e traballar con eles arreo.

Esforzarémonos por aportar todo o que nos sexa posible e partillar con eles prácticas que lles axuden a mellorar: tamén nós, cando os visitemos a mediados deste mes, tentaremos sacar moito partido ao programa enriquecéndonos coas súas experiencias. Non hai cousa como a cooperación!



Ningún comentario:

Publicar un comentario