O luns 29 de Xaneiro visitou o Ies de Celanova Marcos Rodríguez Pantoja, o “neno lobo”, un dos poucos casos coñecidos e documentados en todo o mundo do que se adoita chamar “nenos ferinos”, nenos que viviron durante varios anos ao marxe da sociedade e convivindo con animais. Os alumnos de 1º e 3º da ESO tiveron a ocasión de escoitarlle narrar algunhas peripecias da súa vida e facerlle preguntas.
Marcos Rdgz. Pantoja naceu en 1946, e con apenas 6 anos o seu pai vendeuno a un pastor que coidaba cabras en Sierra Morena. Ao pouco tempo o pastor morreu e Marcos pasou os doce anos seguintes da súa vida so no monte, sen falar con persoas e establecendo unha relación especial cunha manada de lobos.
Na biblio adquirimos a película e o documental que narran a súa vida. Pódelos atopar aquí!
Ningún comentario:
Publicar un comentario