Continuamos as roldas de observacións no programa Observa_Acción da Consellería de Educación no que participamos, como sabedes, por primeira vez.
Dende o primeiro momento, fíxoselle partícipe ao alumnado do que estaba a suceder, e é que no é habitual que outro profesor estea na aula durante a sesión lectiva... Pareceulles moi ben que o profesorado quixese continuar gañando ferramentas e habilidades para mellorar a súa labor, así que contamos co seu apoio incondicional, o que para nós é moi importante.
Miguel aceptou mostrar en directo as súas apreciacións, que foron compartidas polo resto da clase. É só un exemplo, pero da conta do sentir xeral. Aquí deixamos o testemuño.
Black & Orange Simple Welcome To My Channel Youtube Intro de Biblio Poleiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario