xoves, 3 de outubro de 2019

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía.

Pois si, xa temos lema para este curso, que como sempre propón a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O ilustrador Oscar Vilán interprétao para crear este fantástico cartaz.

Como podemos ler no artigo correspondente do Blog de Bibliotecas Escolares, "Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas."

Dende o equipo de Biblioteca estaremos encantados de seguir este leitmotiv que entronca á perfección coa nosa campaña en curso, Voces de Muller, pero tamén con campañas anteriores, como Guerra e Paz ou A ollada do outro

Agardamos que, unha vez máis, neste curso sexa proveitoso para toda a comunidade educativa o reflexionar sobre valores, convivencia e respecto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario